Unha derrota amarga tras unha grandisima reacción, pero un erro preto do final custou os puntos.
Preferente Xuvenil masculina
Baiña 5 – 4 Casás
Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 5-4
Aliñación: Jandro, Jorge, Samu, Bruno, Pablo
Banco: Rodri, Gente, Diéguez
Goleadores: Bruno (2), Samu, Diéguez
Casás enfréntouse a un Baiña ben plantado defensivamente e cun ataque claro e directo. Durante a primeira parte, a defensa do rival soubo conter as acometidas de Casás, e dous despistes dos lucenses permitiron ao Baiña poñerse por diante cun 2-0 ao descanso.
A pesar do marcador desfavorable, os lucenses reaccionaron na segunda metade. Ainda así dous goles do Baiña complicaron moito as cousas, o equipo de Ángel sacou orgullo e seguiu loitando. A presión e a combatividade de Casás levaron a dúas expulsións do rival, e con isto, o equipo de Lugo conseguiu empatar a 4. No entanto, un erro no tramo final do partido deu a vitoria ao Baiña, pechando un marcador final de 5-4. Unha derrota dolorosa pero que demostra a loita do equipo até o último minuto.
Clave do partido:
Os despistes defensivos e o erro final, xunto a un acerto mellorado do rival.
Frase de Ángel:
«Buen partido pese a todos, tenemos que afinar más la puntería.»
Próximo enfrontamento:
O seguinte rival de Casás será Marín FS, nun partido no que buscarán a vitoria de novo