Un triplete de Isra e o dobrete de Lucas non chegan para sumar nun encontro marcado polos erros defensivos.
Liga Galega Cadete
Galicia Gaiteira – Casás
Resultado ao descanso: 3-2
Resultado final: 6-5
Aliñación ; David – Isra – Erik – David López – Raúl
Banquiño ; Xoel- Lucas – Kike
Goleadores ; Lucas (2)- Isra (3)
Destacados da xornada:
1. David López
2. Lucas
3. Isra
O Casás asinou unha boa primeira metade, na que mereceu un resultado mellor ao descanso. As ocasións máis claras foron para o conxunto lucense, que non estivo acertado na definición. Pola contra, dous erros puntuais en defensa permitiron ao rival chegar con vantaxe de 3-2 ao intermedio.
Nos primeiros dous minutos da reanudación o Galicia Gaiteira ampliou diferenzas, pero o Casás reaccionou con orgullo e fútbol, acadando o empate grazas á súa intensidade e acerto ofensivo. Cando o encontro parecía controlado, un novo erro defensivo custou o 6-5 definitivo. O equipo tentou a remontada co porteiro-xogador, mais o balón non quixo entrar.
Clave do partido:
Os erros defensivos acabaron pesando demasiado nun encontro no que o Casás fixo méritos para, polo menos, puntuar.
Frase de Ángel:
«O equipo marcha con mal sabor de boca, xa que mereceu máis despois do traballo realizado durante os 50 minutos.»
Próximo rival:
O Casás recibe en Lugo ao F.S. Pontedeume , a próxima fin de semana .