Connect with us

Fútbol Sala

Casás cae con boas sensacións ante o Narón O Freixo na categoría Alevín Preferente Masculina

O conxunto lucense mostrou carácter e intensidade, pero o rival aproveitou mellor os minutos finais.

Alevín Preferente Masculina
Narón O Freixo – Casás

Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 6-3
Aliñación: Anxo, Leo, Romay, Martín, Dani
Banquiño: Alex Picui, Gabriel, Pablo Arias
Goleadores: Pablo Arias, Martín, Dani
Destacados da xornada: 3-Dani  2-Pablo Arias 1-Romay

Resumo :
O encontro comezou con igualdade, pero o Narón O Freixo soubo aproveitar mellor os erros defensivos do Casás, especialmente nas marcas, para poñerse por diante. A pesar de encaixar tres goles, o equipo lucense non perdeu a cara ao partido e logrou recurtar distancias nos últimos compases da primeira metade, achegándose cun gol que lles deu confianza de cara á segunda parte.

Tralo descanso, os rapaces de Frei saíron con moita intensidade e gañas, xerando numerosas ocasións e anotando dous goles en xogadas ensaiadas que reflectiron o traballo táctico do equipo. O Casás mantivo a presión e o ritmo alto ata os minutos finais, cando o cansancio fixo efecto e o Narón O Freixo aproveitou os espazos para sentenciar o partido cun resultado máis abultado do que se viu na pista.

Clave do partido:
O cansancio nos minutos finais foi decisivo para que o rival ampliase a vantaxe.

Frase de Frei:
«Noraboa polo esforzo que fixo este gran grupo, temos que seguir traballando así de ben.»
Próximo rival:
Os pequenos de Frei viaxan a Ames, onde se medirán ao AD Codima na vindeira xornada, con ilusión e ganas de seguir medrando como equipo.

Advertisement