A intensidade e as ocasións non foron suficientes fronte a un rival que castigou con dureza os erros.
Preferente Cadete Masculina
Troula de Betanzos – Casás
Resultado ao descanso 3-1
Resultado final 7-1
Alineación David, Isra, Erik, Xoel, Raúl
Banquiño Hernán, Kike, Lucas, Millares
Gol: Raúl
Destacados da xornada Isra, Xoel, Raúl
Resumo do partido
O Casás realizou unha primeira parte moi intensa, cun ritmo alto e numerosas ocasións para ambos conxuntos. O equipo competiu de ti a ti ante un dos rivais máis fortes da categoría, xerando perigo e mostrando personalidade pese ás dificultades. Porén, tres erros defensivos foron moi ben aproveitados polo Troula de Betanzos, que conseguiu poñerse por diante no marcador. Aínda así, os xogadores de Ángel non baixaron os brazos e seguiron insistindo, logrando recortar diferenzas cun gol antes de chegar ao descanso, o que mantivo vivo o encontro. Na segunda metade, o equipo saíu con moita intensidade, apoiado no bo tramo final da primeira parte, e non deixou de crear ocasións claras de gol. Entre o gran traballo do porteiro rival e os paus, o Casás non conseguiu achegarse no marcador. Novos erros defensivos acabaron penalizando ao equipo, permitindo ao Troula ampliar a súa vantaxe ata o 7-1 final, nun resultado demasiado amplo para o visto sobre a pista.
Clave do partido
Os fallos na zona de finalización xunto cos erros defensivos marcaron o desenlace do encontro.
Frase de Ángel
«Buen partido de este gran grupo que sigue trabajando semana a semana.»
Próximo enfrontamento
O Lugo Sala será o primeiro rival do Casás en 2026, unha excelente maneira de comezar o ano cun derbi local de máximo nivel.