Connect with us

Fútbol Sala

Casás cadete mellorou na segunda parte pero non chegou para puntuar

A reacción no segundo tempo non foi suficiente para rematar a remontada en Pontedeume

Copa Galega Cadete, Subgrupo 1C
FS Pontedeume – Casás
Resultado ao descanso; 4-0
Resultado final; 9-6

Aliñación; David, Xoel, Erik, Isra, Raúl
Banco; Kike, Iker, Lucas
Goleadores; Isra 3 e Raúl 2

Resumo do partido
O Casás comezou o partido moi por baixo do sue nivel, cunha primeira parte na que o FS Pontedeume demostrou a súa superioridade e sobretodo un gran acerto de cara a porta, pechando a primeira metade cun claro 4-0.

Na segunda parte, o equipo de Ángel reaccionou de forma espectacular, mellorando a súa competitividade tanto no aspecto defensivo como ofensivo. Con 6 goles anotados, o equipo fixo unha boa remontada, pero non foi suficiente para cambiar o marcador e rematar o encontro cun 9-6 a favor dos locais. A mellora foi clara, pero o Casás non puido superar a desvantaxe adquirida na primeira parte.

Clave do partido
A mala primeira parte condicionou o resultado final, a pesar da boa reacción no segundo tempo.

Frase de Ángel
«Tenemos que competir como la segunda parte los 50 min para sacar algo positivo.»

Próximo enfrontamento
Casás afronta a xornada de descanso do seu grupo de copa.

Patrocinio