Connect with us

Fútbol Sala

Casás cadete masculino impuxo a súa pegada en Noia cun novo festival ofensivo

Triplete de Isra e gran traballo colectivo para sumar unha nova vitoria a domicilio.

Preferente Cadete Masculina
Noia F.S. – Casás

Resultado ao descanso: 2-5
Resultado final: 4-9

Aliñación :
David | Isra | Erik | David López | Kike
Banquiño :
Xoel | Lucas | Raúl | Hernán

Goleadores : Isra (3) | Kike | Xoel | Lucas | Hernán | Erik | en propia porta

Destacados da xornada:

  1. Isra
  2. David López
  3. Raúl

Resumo :
O encontro comezou con certas dúbidas defensivas por parte do Casás, que encaixou dous goles nos primeiros compases. Porén, o equipo reaccionou con solvencia e acerto, revertendo a situación grazas á súa pegada ofensiva. Isra, dende os dez metros, asinou un gol clave para ampliar a vantaxe antes do descanso (2-5).

Na reanudación, o Casás mantivo o control e buscou ter máis dominio de balón, sen renunciar á intensidade nin ao acerto de cara a porta. O bo traballo colectivo e a seriedade defensiva permitiron evitar a reacción do Noia e selar unha vitoria convincente como visitantes.

Clave do partido:
O sólido traballo defensivo acompañado da eficacia ofensiva marcou a diferenza.

Frase de Ángel:
«Seguir traballando duro durante a semana para acadar os nosos obxectivos.»

Próximo rival:
Os de Ángel reciben como locais ao Ribeira, nun dos derbis capitalinos destacados da tempada na categoría cadete masculina.

Advertisement