Connect with us

Fútbol Sala

Casás asina unha remontada tola e épica na Preferente xuvenil

Un partido frenético cheo de goles rematou cun triunfo de corazón, carácter e fe ata o último segundo.

Preferente Xuvenil Masculina
Mandela FC – Casás
Resultado ao descanso:
7-5
Resultado final: 9-10

Aliñación: Jandro, Bruno, Samu, Jorge C., Diéguez
Banquiño: Rodri, Jacobo, Pablo C., Israel

Goleadores: Bruno (2), Jorge C. (3), Jacobo, Diéguez, Samuel (3)
Destacados da xornada: Jorge C., Bruno, Jacobo

Resumo do partido:
O encontro arrincou con moitas dificultades para Casás, incapaz de atopar o seu xogo e encaixando un rápido 2-0 en contra. A partir de aí, o partido converteuse nun auténtico correcamiños, con ambos equipos cometendo erros defensivos constantes e intercambiando goles nun ritmo frenético ata chegar ao descanso cun sorprendente 7-5. A segunda metade mantivo a mesma intensidade e a mesma tolemia, con ocasións continuas e alternancia no marcador. Os lucenses conseguiron poñerse por diante, faltando apenas dous minutos para o final, nun dos momentos máis eléctricos da tempada. O rival apostou polo xogo de cinco nos instantes finais, pero os de Ángel souberon xestionar con calma esa situación especial e defender a vantaxe ata o son do bucina. Con 76 goles a favor, Casás é o segundo equipo máis goleador da categoría e nos últimos catro partidos sen perder suma 31 tantos, case oito de media por encontro. Un partido de auténtico infarto e un triunfo de moitísimo mérito.

Clave do partido:
Loitamos 38 minutos con o marcador desfavorable.

Frase de Ángel:
«Magnífico partido para el espectador con festival de goles. Debemos leer mejor los partidos y no llegar a esa situación.»

Próximo enfrontamento:
Casás encadea 4 partidos sen perder (3 vitorias e 1 empate) e recibirá ao Baiña FS de Baiona, quinto clasificado con 21 puntos, polos 19 que suma Casás. O encontro preséntase clave para seguir escalando postos na táboa.

Advertisement