Gran esforzo colectivo e mellora continua dun equipo que deixou moi boas sensacións
Alevín Preferente Masculina
Casás – 5 Coruña FS
Resultado ao descanso: 3-7
Resultado final: 4-10
Alineación: Anxo, Martín, Romay, Pablo Arias, Dani
Banquiño: Alex Picui, Gabriel, Beltrán, Leo
Goleadores: Dani (3), Romay
Destacados da xornada: Dani, Martín, Romay
Resumo do partido:
Casás arrancou o encontro con valentía e intensidade, adiantándose no marcador e levando o ritmo do xogo nos primeiros minutos. A falta de puntería nos metros finais, xunto coa enorme pegada do 5 Coruña, fixeron que o resultado ao descanso se inclinara do lado visitante , acabando cun 3-7 para os herculinos, a pesar das boas sensacións do equipo local.
Na segunda parte, os nenos do Casás fixeron un esforzo enorme, loitando ata o último segundo sen baixar os brazos en ningún momento. Seguiron buscando o gol con valentía e xogo combinativo, pero o 5 Coruña aproveitou os espazos defensivos provocados pola ambición dos lugueses para ampliar o resultado. Máis alá do marcador, o equipo deixou unha imaxe de carácter, orgullo e crecemento constante.
Clave do partido: A falta de puntería nos metros finais.
Frase de Frei: “Buen partido de este gran grupo de niños que sigue mejorando día a día.”
Próximo enfrentamento: O Casás medirase ao Lago Sport, un novo reto para seguir medrando e demostrar o bo traballo que están a construír semana tras semana.