O equipo xuvenil do Casás viaxaba ata Ordes co obxectivo de sumar unha nova vitoria na súa andaina pola liga preferente masculina. A pesar dun comezo titubeante e dunha mellora na segunda parte, os locais do Jogafan Ordes F.S. impuxeron a súa eficacia rematadora e lograron un triunfo claro por 10-6.
Resultado ao descanso; 5 – 1
Resultado final; 10 – 6
Alineación de Casás:
Marcos, Manu, Samu, Yerai, Sergio
Banquiño: Mateo, Nico, Hugo, Leiva
Goles de Casás:
Samu (2), Leiva (2), Yerai (2)
Primeira parte: un inicio complicado
Desde o pitido inicial, o partido foise complicando para os visitantes. Casás non logrou impoñer a súa presión defensiva e, ante un rival moi eficaz de cara á portería, viu como Ordes se adiantaba no marcador con rapidez. As dificultades na defensa e a falta de intensidade nas recuperacións de balón foron factores clave que permitiron ao equipo local marchar ao descanso cun 5-1 a favor.
A pesar dos intentos de mellora, a primeira metade deixou ao equipo de Ángel coa sensación de non ter atopado a súa mellor versión no campo.
Segunda parte: mellora sen premio
Tralo descanso, os lucanses mostraron outra cara. Co obxectivo de reducir diferenzas, comezou a segunda parte cunha dinámica máis fluída e máis activa no ataque. Os goles de Samu, Leiva e Yerai deron esperanza, chegando a acercarse no marcador . A mellora era evidente, pero a contundencia do rival e o seu acerto nas chegadas á portería non permitiron que Casás se achegase máis. Aínda con boas combinacions no xogo, Ordes non deu tregua e anotou en momentos clave para pechar o partido cun 10-6 final.
Destacados do partido:
Todo o equipo merece mención polo esforzo colectivo, pese ás dificultades que xurdiron ao longo do partido.
Clave do partido:
A mellora defensiva será crucial para seguir avanzando e traballando, en aspéctos individuais e colectivos. O traballo de equipo será a clave para conseguir o obxectivo final.
Declaración do adestrador ÁNGEL:
«Seguimos traballando na formación dos rapaces para minimizar eses erros, e para que sigan mellorando en todos os aspectos. Aínda que non conseguimos a vitoria, o importante é aprender e seguir mellorando.»
A próxima xornada, Casás descansará, buscando tempo para mellorar e prepararse para o seguinte encontro.