O Infantil Feminino do Millavén pecha a tempada competindo ata o final tras unha última fin de semana de contrastes.
O Infantil Feminino do Millavén CP Lucense puxo punto final á tempada cun balance de vitoria e derrota nos seus dous últimos compromisos, deixando boas sensacións no seu triunfo ante o BM Brigantium e atopando máis dificultades no duelo final fronte ao OAR.
No primeiro encontro, disputado na pista do Brigantium, as lucenses ofreceron unha actuación moi seria. A solidez defensiva e o acerto ofensivo permitiron ao Millavén controlar o partido e chegar ao descanso cunha vantaxe de 13-10. Na segunda metade, o equipo soubo manter o ritmo e xestionar a renda para asegurar o triunfo por 20-23. Destacaron Lola (7 goles) e Lina (6), ben acompañadas por Aicha, Uxía (3 cada unha), Carlota (2), Paula e Iria (1).
Xa na Casa do Deporte, no último encontro da tempada, o OAR mostrouse máis efectivo de cara a portería. O Millavén tentou manterse dentro do partido, pero as visitantes levaron a iniciativa no marcador desde a primeira metade, chegando ao descanso con 7-14. As lucenses melloraron tras a reanudación e competiron mellor no segundo período, aínda que non foi suficiente para evitar a derrota por 16-23. Nesta ocasión, Aicha e Uxía lideraron o ataque local con 5 goles cada unha, seguidas de Lola (3).
Con estes dous encontros, o Infantil Feminino pecha unha tempada de aprendizaxe e crecemento, competindo ata o último día.
BM Brigantium 20 – Millavén CP Lucense 23 (13+10)
Alineación: Aldara e Valentina; Xiana, Lina (6), Aicha (3), Lola (7), Carlota (2), Iviam, Paula (1), Uxía (3), Iria (1) e Jimena.
Árbitra: Martina Regueiro.
Millavén CP Lucense 16 – OAR 23 (7+9)
Alineación: Aldara e Valentina; Xiana, Lina (1), Aicha (5), Lola (3), Carlota (1), Natalia (1), Paula, Uxía (5), Iria e Jimena.
Árbitra: Sara Gómez.