Connect with us

Fútbol Sala

Burela quedou co derbi provincial cadete Prefente masculino ante Lugo Sala

A ADC Lugo Sala Acasti Reformas caeu por primeira vez esta tempada tras un partido igualado e cheo de emocións na pista de Vista Alegre, ante o Pescados Rubén Burela F.S. Os capitalinos chegaban con boas sensacions tras catro vitorias e un empate, pero non puideron manter a súa imbatibilidade nun choque no que as accións puntuais decidiron o desenlace.

A primeira metade do encontro foi moi táctica e equilibrada, onde as defensas foron as claras protagonistas. O equipo local, superior físicamente, intentaba impor a súa presenza na pista, pero o Lugo Sala respondía con moitas axudas defensivas que lle permitían roubar o balón e saír á contra. O plan do adestrador Christian Costoya estaba claro: neutralizar o poderío físico do rival e, ao mesmo tempo, ser efectivos nas transicións.

Aínda que o Pescados Rubén Burela tivo algunhas aproximacións á porta de Vila, o equipo visitante logrou adiantar á súa rival no marcador a falta de poucos minutos para o descanso, grazas a un gol de Dela. Sen embargo, o Lugo Sala non puido ampliar a súa vantaxe a pesar de ter varias ocasións a través de contragolpes rápidos.

A segunda metade do encontro foi moito máis movida. O Pescados Rubén Burela comezou a apretar e a inclinar a pista cara á portería de Vila, que tivo que demostrar a súa solvencia baixo paus. Aínda así, o Lugo Sala non perdeu a súa esencia e, tras unha nova transición, conseguiu marcar o segundo gol por medio de Dela, que firmaba o seu dobrete e parecía que daba tranquilidade ao seu equipo.

Non obstante, a reacción local non se fixo esperar. O equipo de Burela non se deu por vencido e, nun par de accións ofensivas ben executadas, conseguiu empatar o encontro a 2. A partir de aí, o Burela creceu en confianza e aproveitou a súa intensidade para marcar o terceiro gol a dous minutos do final, nunha acción que o Lugo Sala non soubo defender con contundencia.

Xa sen moito tempo para a reacción, o Lugo Sala probou a xogar con porteiro xogador na procura do empate, pero un erro na saída de balón permitiu ao Burela sentenciar o partido cun gol a porta vacía que fixo o 4-2 definitivo.

Claves do partido:

Un encontro moi igualado, no que varias accións puntuais, onde o Lugo Sala non foi todo o competitivo que debería, decidiron a vitoria para o equipo local. A falta de contundencia en momentos clave e a resposta do Burela, que aproveitou a súa ocasión, marcaron a diferenza.

Declaración de Christian Costoya (Adestrador de Lugo Sala Acasti Reformas):

«Partido moi completo e serio que marca a liña na que temos que seguir traballando. Aínda así, temos que ser conscientes de que non podemos desconectar en ningún momento, xa que a falta de competitividade en algúns momentos nos fixo perder puntos nun partido moi igualado.»

A derrota supón un pequeno toque de atención para un Lugo Sala que, malia o resultado, segue sendo un equipo competitivo na categoría. O próximo encontro será na casa, fronte ao Coruña 5 F.S., último na clasificación.

Patrocinio