As capitalinas mantiveron o tipo durante boa parte do encontro, pero as baixas por gripe e o cansazo acabaron pesando fronte a un rival de moita calidade.
Infantil Preferente Feminina grupo 1B
Burela F.S. – Casás
Resultado ao descanso: 2–0
Resultado final: 7–0
Aliñación: Cintia, Daniela, Sarai, Ximena, Alicia
Banquiño: Uxía
Resumo do partido:
O Casás iniciou o encontro cun gran traballo defensivo e cunha actitude moi seria, logrando manter o marcador axustado durante a primeira metade. O equipo soubo combinar momentos de bo xogo e circulación fluída, aínda que faltou pegada de cara á portería rival. Co paso dos minutos, o cansazo e a falta de recambios fixéronse notar, mais as xogadoras lucenses seguiron competindo con orgullo e esforzo ata o final. A pesar da diferenza no marcador, deixaron unha imaxe moi positiva e demostraron compromiso colectivo ante un rival que demostrou o seu nivel competitivo.
Xogadoras destacadas: Todo o equipo
Clave do partido:
O equipo chegou moi mermado por gripe e con baixas de última hora, e en fronte atopouse cun gran rival como o Burela.
Frase de Juan Carlos:
“Cada día máis contentos co grupo, e vense moitas cousas do que se adestra durante a semana. Grandísimo rival o Burela.”
Próximo partido:
A próxima semana o Casás afrontará a súa xornada de descanso antes de pechar a primeira volta cun derbi da capital ante o Ribeira.