Connect with us

Fútbol Sala

Burela quedou co botín no último suspiro no derbi do Grupo 1B ante Ribeira infantil feminino

As capitalinas deixaron grandes sensacións e pagaron caros pequenos erros nun encontro cheo de intensidade, no que as da mariña estiveron contra as cordas, por primeira vez esta tempada.


Preferente Infantil Femenina Grupo 1B
Ribeira 11 TEAMSPORTS Mans vs Burela F.S.

Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 4-5

Aliñación: Cira | Nerea | Lola | Alba | Andrea | Daniella | Candela | Paula | Esther | Elena
Goleadoras: Nerea Rodríguez (2) | Lola Zapata (2)

Destacadas da xornada:

  1. Nerea Rodríguez
  2. Andrea
  3. Daniella Polo

Resumo 1ª parte:
O encontro comezou cun ritmo altísimo e dous equipos decididos a impoñer o seu xogo. O Ribeira amosouse serio e moi ordeado, cun gran traballo colectivo e boas combinacións que lle permitiron progresar con perigo. A intensidade das mariñás obrigou ás locais a poñerse o mono de traballo, pero Lola, nunha acción de calidade, adiantou ás de Luna no marcador. Cando todo parecía encamiñado ao descanso co 1-0, un último arreón das de Burela serviu para asinar o empate.

Resumo 2ª parte:
O derbi entre capitalinas e mariñás mantivo un nivel altísimo. O Ribeira seguiu a dominar a posesión e xerou perigo constante con Lola e Elena como referencias ofensivas. Porén, o infortunio e o cansazo fixeron mella, e tres erros puntuais déronlle vantaxe ao Burela. A reacción local non se fixo esperar: Nerea, incansable pola banda, anotou dous goles espectaculares, mentres Daniella Polo e Andrea foron claves en defensa e na saída de balón. Cira completou unha actuación soberbia baixo paus, evitando varios goles e sostendo ao equipo ata o final. A falta de vinte segundos, unha perda no segundo pau acabou por decidir o encontro.

Clave do partido:
Saber levantarse dos erros e seguir medrando a nivel competitivo.

Frase de Luna:
«Estamos crecendo na categoría a un ritmo frenético, facendo unha tempada tremendamente boa. A clasificación está sendo cruel con nós, pero as sensacións son de equipo gañador. Cada semana ensinan o maior talento que posúen: o traballo en equipo e o compañeirismo.»

Próximo rival:
Casás FSF – Ribeira, un derbi lucense que se disputará previsiblemente no Pavillón do Palomar, nun novo duelo de máxima emoción na capital.

Advertisement