Connect with us

Balonmán

Brillante vitoria de Millavén CP Lucense cadete masculino a domicilio

O cadete masculino do Millaven CP Lucense acadou unha brillante vitoria na súa visita ao BM Línea21, nun encontro que comezou igualado pero que se decidiu na segunda metade grazas ao gran acerto ofensivo dos lucenses.

A primeira parte foi un tira e afrouxa constante, con ambos equipos intercambiando goles. O Millaven soubo manter a calma e chegou ao descanso cunha lixeira vantaxe de 2 tantos (17-19). Na reanudación, os lucenses incrementaron o ritmo e, apoiados nunha defensa máis sólida e nun ataque efectivo, ampliaron progresivamente a súa diferenza. O parcial de 20-26 na segunda metade selou un contundente 37-45 final.

Destacaron Lucas, con 13 goles, e Brayan, con 12, como máximos realizadores dun equipo que amosou confianza e carácter. Esta vitoria reforza as opcións do Millaven, que encara con ilusión a próxima xornada, onde se medirá ao líder.

Millaven CP LUCENSE 45 (19+26): Dani y Martín; Lucas (13), Miguel (6), Álvaro, Héctor (1), David (2), Víctor (6), Brayan (12) y André (5)

•Josito (Cadete Masculino): “victoria de esperanza antes de recibir al líder”

Patrocinio