A pesar das baixas e lesións, os lucenses competiron cun gran orgullo no segundo tempo.
Cadete Preferente Masculina
Pontedeume vs. A Piringalla Bar O Cruce
Resultado ao descanso: 4-0
Resultado final: 6-0
Aliñación: Alejandro, Adri, Mario, Adrián Rodríguez, Aira
Banco: Mathiw, Nico
Resumo do partido
O partido ante o Pontedeume foi complicado dende o principio, debido ás moitas baixas e lesións que afectaron á A Piringalla Bar O Cruce, que non puido contar con xogadores importantes. A pesar diso, o equipo mantivo unha boa actitude durante todo o encontro. Na primeira parte, o equipo local, o Pontedeume, dominou, aproveitando a falta de intensidade defensiva da Piringalla para poñerse cun claro 4-0.
Na segunda metade, A Piringalla saíu cunha actitude totalmente renovada, mellorando a súa intensidade e compoñendo o xogo con moito máis orgullo. Aínda que os locais conseguiron marcar dous goles máis, os lucenses lograron nivelar o partido, en canto a xogo, dispuxeron de varias ocasións para marcar e mereceron un gol, pero non tiveron acerto. A pesar da derrota, o equipo puido saír con boas sensacións, mostrando melloría tras un mal inicio.
Clave do partido:
A clave estaba na capacidade de orientar aos xogadores de banda do Pontedeume, que eran moi determinantes. Cando se logrou cortalos cara a fóra, eliminouse gran parte do perigo.
Frase de Rober:
«Agora xa coa tempada regular terminada, a verdade é que moi orgulloso de todos os meus rapaces, que a pesar de non conseguir máis puntos competimoslle a todos os rivais, e todo o mundo tivo que sufrir para puntuar contra nós. Agora a seguir esforzándonos e dar boa imaxe na copa.»
Próximo enfrontamento
Comeza a Copa, A Piringalla queda encadrada no subgrupo 1B, con CD Laca como seguinte rival, seguidos de Alto do Vento e Troula Betanzos.