Resultados e sensacións acompañan a os de Miguel Muñoz en constante crecemento
Alevín Preferente Masculina
Acasti Reformas Lugo Sala – S.D.C. R. Narón O Freixo
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 5-1
Aliñación: Marco, Quiroga, Miguel M., Rafa, Otero
Banquiño: Xabi, Oli, Brais, I. Villamor, Enzo, Jano, Nico
Goleadores: Quiroga, Oli (2), Nico, Rafa
Destacados da xornada: Otero, Quiroga, Oli
Resumo do partido:
O Lugo Sala Acasti Reformas completou un dos encontros máis sólidos da tempada cunha clara vitoria fronte ao Narón O Freixo. Dende o primeiro minuto, os locais saíron moi metidos no partido, cunha presión alta e eficaz que lles permitiu roubar en zonas próximas á portería rival e xerar numerosas ocasións. A falta de acerto evitou un marcador máis amplo, pero o equipo soubo xestionar ben os nervios ata que Quiroga abriu o marcador cunha gran anticipación culminada cun disparo exterior. O dominio foi claro durante toda a primeira metade, concedendo moi pouco ao rival e marchando ao descanso coa sensación de que o resultado era curto.
Na segunda parte, o Narón adiantou liñas e deixou espazos que o Lugo Sala soubo aproveitar para ampliar a vantaxe dun xeito xusto polo visto na pista. Tras un tempo morto, o rival apostou polo xogo de cinco, e nun roubo os lugueses fixeron aínda máis dano. O esforzo defensivo foi notable, con rotacións constantes para que todos os xogadores vivisen esa situación esixente. Nun rexeite mal defendido chegou o único gol visitante, pero o equipo non se descompuxo e respondeu cunha transición rápida que significou o quinto tanto e devolveu a tranquilidade. Ata o final, boa defensa do 5×4 e control total do encontro.
Clave do partido: Aportación de todo o equipo, sen excepción, cun nivel moi regular e todos os xogadores plenamente metidos no partido.
Frase de Miguel Múñoz:
“Darle las GRACIAS a los chicos por su trabajo impecable y esfuerzo descomunal a diario.
Acabamos el año muy bien, sumando otra victoria con lo complicado que es hacerlo de manera tan asidua como lo estamos haciendo, para valorarlo mucho.
Momento de recargar pilas ahora para seguir mejorando y disfrutando aún más si cabe de lo que viene.”
Próximo enfrontamento: Tralo parón das vacacións de Nadal, o Lugo Sala Acasti Reformas afrontará un atractivo derbi lucense fronte ao Casás. Antes, tempo para descansar, cargar pilas e preparar con ilusión o novo ano.