A pesar dunha reacción importante na segunda parte, os erros individuais custan aos lucenses a vitoria.
Cadete Preferente. Cuartos de final Copa Galicia
Pecheches FS vs Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 4-3
Aliñación: Álvaro, Joao, Antón, Gabri, Pepe
Banco: Lucas, Pablo, Sergio, Mateo, Xoel
Goleadores: Gabri (2) e Xoel
O inicio do partido foi igualado, pero Lugo Sala non estivo acertado nos últimos metros. Ainda así, aos 15 minutos, o equipo de Miki conseguiu adiantarse, pero varios erros individuais consecutivos, nos seguintes minutos permitiron que Pecheches se adiantase no marcador, chegando ao descanso cun 3-1 favorable aos locais.
Na segunda metade, Lugo Sala volcouse no ataque, levando o peso do xogo e conseguindo empatar o encontro. Aínda que tiveron ocasións para poñerse por diante, non lograron superar ao rival. Os locais, nunha das poucas oportunidades que tiveron na segunda metade, aproveitaron un erro individual para marcar o cuarto gol, que acabou sendo definitivo. Lugo Sala tentou reaccionar nos últimos minutos, pero non foi capaz de empatar.
Clave do partido: Os catro goles chegaron tras erros individuais importantes.
Frase de Miki:
«Partido marcado por erros individuais que costan goles. Quedarse coa segunda parte positiva, donde o equipo cambiou a imaxe dada na primeira parte.»
Remata a tempada 25/26 para o cadete masculino do Lugo Sala Acasti Reformas, cun meritorio sexto posto na liga e os cuartos de final da Copa Galicia.