O equipo lucense mereceu máis, pero a falta de acerto penalizou en exceso
Infantil Preferente Feminina Gr. 1D
Casás – 5 Coruña
Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 1-5
Aliñación: Cintia, Ximena, Noa Castro, Noa López, Alicia
Banquiño: Ildara, África, Uxía, Marta, Nerea
Goleadora: Noa López
Destacadas da xornada: Noa Castro, Noa López, Ximena
Resumo do partido:
O Casás asinou un partido cheo de intensidade e bo xogo, pero o fútbol sala ás veces é cruel co esforzo e iso notouse esta fin de semana. Na primeira metade, o equipo xerou moitas ocasións claras e levou o peso do encontro, pero a falta de precisión nos metros finais e o acerto do rival deixaron un 0-3 duro ao descanso.
Na segunda parte, o guión non cambiou: As luguesas mantiveron a presión alta, recuperando balóns e xerando perigo constante na área rival. O premio chegou cun bonito gol tras unha gran xogada colectiva, que permitiu celebrar un tanto máis que merecido, aínda que non foi suficiente para achegarse no marcador. O 5 Coruña ampliou vantaxes nas súas chegadas e deixou o marcador final nun 1-5 que non reflicte o traballo nin o xogo mostrado polas pequenas de Juan Carlos.
Clave do partido: A finalización foi definitiva.
Frase de Juan Carlos: “Darle la enhorabuena a todas las niñas por el esfuerzo durante todo el partido”
Próximo enfrontamento: Ribeira FS A, un encontro no que o Casás buscará transformar as boas sensacións e o gran xogo en puntos.