Connect with us

Fútbol Sala

As cadetes do Ribeira remontan con corazón e levan un triunfo de carácter

As de Cabanas souberon sufrir e sobrepoñerse ás lesións para sumar tres puntos de ouro nun final vibrante.

Cadete Preferente Feminina
Ribeira FS 11teamsports vs Icoeume Lago Sport
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 3-2

Aliñación: Xainza, Antía, Alma, María Granero, Nerea
Banquiño : Xenia, Sara López, Sara Portomeñe, Uxue, Candela, Jimena, Shaila

Goleadoras: Nerea, Alma, Shaila
Destacadas da xornada: 1 Nerea, 2 Alma, 3 María

Resumo do partido:
O Ribeira entrou ao encontro coa claridade das ideas e o control do xogo, facendo circular o balón con paciencia e xerando as mellores ocasións. O primeiro tanto chegou tras unha gran acción combinativa, pero un erro puntual permitiu ao Lago Sport igualar antes do descanso. Na segunda metade o partido puxo as cousas costa arriba co 1-2, pero o carácter do equipo saiu á luz: as lucenses non baixaron os brazos e atoparon o empate cunha acción de orgullo. A pesar das lesións de Antía e Alma, o resto das compañeiras deron un paso adiante e, co pavillón en pé, culminaron a remontada co definitivo 3-2, nun final cheo de emoción, traballo e garra.

Clave do partido: O compromiso colectivo foi o que deu vida ao Ribeira.

Lesións: Nocello Antía e isquios Alma, foron as lesión que sufriron as rapazas de Cabanas.

Frase de Cabanas: “Seguimos trabajando!!!”

Próximo enfrontamento: Comeza a segunda volta tras o parón, visitando ao FormaT Villalba, derbi provincial que promete moita intensidade e no que o equipo buscará manter a dinámica gañadora.

Advertisement