Connect with us

Fútbol Sala

As alevíns do Ribeira deixan unha gran imaxe ante o lider

As de Luna compiten sen complexos na pista do Parrulo e deixan unha imaxe de equipo valente, solidario e en constante crecemento.

Alevín Preferente Feminina
O Parrulo FS vs Ribeira En Boas Máns
Resultado ao descanso: 1-0
Resultado final: 2-0

Alineación: Daniela Quijada, Maria, Andrea López, Cira, Alba
Banquiño: Martina, Candela, Aldara, Claudia, Antia, Paula, Yaisa

Destacadas da xornada: 1. Daniela Quijada, 2. Andrea, 3. Cira

Resumo do partido:
Partido moi esixente ante o líder da categoría, na súa pista e cun contexto claramente desfavorable. O encontro comezou cun dominio repartido, con ambos equipos moi claros no seu plan de partido e cun Ribeira que non se agochou en ningún momento. As xogadoras de Luna competiron con personalidade durante os primeiros 20 minutos, xerando ocasións claras e sendo valentes con balón, tal e como estaba previsto. As ferroláns amosaron o seu nivel e por que ocupan a primeira posición, pero o Ribeira respondeu cunha defensa sólida e unha actuación impecable tanto de Daniela Quijada en portería como de Cira nas accións defensivas. O 1-0 ao descanso reflectía a igualdade e o enorme traballo das visitantes.

Na segunda metade, as lucenses mantiveron a determinación e a actitude, poñéndolle as cousas moi difíciles ao rival. Co paso dos minutos, o cansazo e os nervios por intentar achegarse no marcador provocaron algunhas precipitacións na construción do xogo, o que deu lugar a máis ocasións do Parrulo. Aí apareceu a gran protagonista do encontro: Daniela Quijada, cunha actuación sobresainte baixo paus, mantendo ao seu equipo vivo ata o final.

A pesar do 2-0, o Ribeira non baixou os brazos e buscou o seu premio ata o último segundo. Claudia e Alba tiveron ocasións claras para recortar diferenzas e Cira chegou a marcar un auténtico golazo pola escadra no son da bucina, que finalmente non subiu ao marcador. Un resultado xusto nun partido no que ambos equipos competiron con intensidade os 40 minutos.

Clave do partido: Ser equipo e axudarse, crer en elas mesmas e darse conta de que poden.

Frase de Luna: “Do día 1 ata hoxe, este equipo co traballo e esforzo das nenas, está demostrando que son unhas verdadeiras guerreiras. E hoxe fixeron honra a todos estes meses, nós só podemos felicitalas e seguir traballando.”

Próximo enfrontamento: Trala volta das vacacións de Nadal, o Ribeira afrontará un derbi provincial ante o Castro FSF, un partido especial para medir todo o crecemento mostrado nesta primeira parte da tempada.

Advertisement