Ribeira F.S. en Boas Mans, un día de aprendizaxe e loita no Pavillón Municipal de As Pontes
ALINEACIÓN DO RIBEIRA F.S. EN BOAS MANS:
Daniella Polo, Antia Cancela, Lola Zapata, Cira Porto, Andrea López.
BANQUIÑO: Éire Pin, Nerea Rodríguez, Paula Yebra, Laura Rodrigues, Vega Zapata, Elena Álvarez.
AS TRES MELLORES:
– 3 puntos: Andrea López
– 2 puntos: Paula Yebra
– 1 punto: Vega Zapata
Goleadoras;
Lola Zapata 2
Andrea López
O partido comezou de forma complicada para o equipo visitante, o Ribeira F.S. en Boas Mans. As xogadoras de Luna, a súa adestradora, chegaban cunha boa racha de tres partidos sen perder, con dous empates e unha victoria, pero o arranque no Pavillón Municipal de As Pontes foi todo o contrario ao esperado. O equipo local, o Senso Lago Sport, aproveitou a falta de ritmo e intensidade das visitantes para comezar o partido cun dominio claro. Nos primeiros compases, Lago xenerou varias ocasións de perigo ante a portería defendida por Daniella Polo, que con moito traballo impediu que o marcador se abrira máis cedo.
A pesar de que o Ribeira estaba a sufrir para meterse no encontro, a eficacia nas áreas finalmente marcou a diferencia. No minuto 13, tras unha xogada ben executada, o Ribeira F.S conseguiu poñerse por diante no marcador cun gol que deixou ao Senso Lago Sport algo atónito. O primeiro tempo finalizou con un 0-1 que reflectía a superioridade do Ribeira F.S, aínda que a falta de acerto nas áreas por parte das xogadoras facia que o resultado fose a duras penas.
Na segunda metade, o Ribeira saíu ao campo con moita máis forza, decidido a cambiar a dinámica do encontro. A adestradora Luna pediu máis agresividade en defensa e a mellorar a circulación do balón. O equipo respondía, e a enerxía de xogadoras coma Vega Zapata, en idade benxamín foi clave para inxectar impulso ao colectivo. Cada aparición de Vega no campo renovaba as forzas das súas compañeiras, sendo unha das mellores xogadoras do encontro.
Sen embargo, malia os esforzos, o equipo local aproveitou as poucas desconcentracións do Senso Lago Sport e marcou dous goles máis que prácticamente sentenciaban o encontro. O marcador final foi de 0-3, a pesar de todo, permitiulle ao Ribeira F.S. sumar a súa cuarta xornada consecutiva sen perder, o que evidencia a mellora no xogo do equipo, aínda que hoxe non fose o mellor partido do equipo.
Claves do partido:
A pesar do baixo ritmo de xogo, a eficacia nas áreas foi a nota máis positiva do equipo, que mellorou na segunda metade, con pouco en ataque e moito traballo conseguimos a vitoria.
Frase de Luna:
“Encaramos esta semana con moitos encontros e hoxe non foi o noso mellor día. Agardamos mellorar o mércores en Coruña e seguir progresando.”
O RIBEIRA F.S. en Boas Mans terá a oportunidade de rematar a tempada cun par de partidos decisivos, o mércores 5 de marzo contra 5Coruña F.S. en A Coruña e o venres 7 contra o Pescados Rubén Burela F.S. en Lugo. O equipo buscará manter a súa racha de 4 partidos sen perder, cunha clasificación situada a metade da táboa.