Connect with us

Voleibol

Arenal Emevé pon rumbo a Castellón para disputar o Campionato de España infantil

O Arenal Emevé, conxunto lucense que se proclamou campión galego, participará no Campionato de España Infantil Masculino de voleibol, que se disputará en Castellón do 28 de maio ao 1 de xuño. O equipo afronta esta cita nacional con ilusión e ambición tras unha tempada brillante a nivel autonómico.

Os lucenses competirán na primeira fase desde o Grupo C, onde se enfrontarán a tres rivais de alto nivel: Barça Voleibol, CV Melilla Ciudad del Deporte e cvleganés.com. O debut do Emevé será o mércores 28 de maio ás 11:30 horas ante o cvleganés.com. Ese mesmo día, ás 17:00 horas, xogarán o segundo encontro fronte ao CV Melilla Ciudad del Deporte.

A fase de grupos completarase o xoves 29 de maio ás 9:30 horas co enfrontamento ante o Barça Voleibol, un duelo que se prevé moi esixente. Unha vez rematada esta primeira fase, a posición que ocupe o Arenal Emevé no Grupo C determinará o seu camiño no campionato: poderá acceder ás eliminatorias polo título estatal ou loitar por mellorar a súa posición na clasificación xeral.

Con un plantel comprometido e un proxecto sólido, o club lucense viaxa a Castelló coa intención de deixar o voleibol galego no máis alto.

Patrocinio