Connect with us

Voleibol

Arenal Emevé infantil feminino sumou a segunda vitoria consecutiva en Pontevedra

Arenal Emevé continúa coa súa boa xeira na Primeira División Infantil Feminina ao conseguir a súa segunda vitoria consecutiva tras impoñerse ao Pontevedra por 2-3, nun encontro moi disputado e cheo de alternancias no marcador.

As lucenses, que viñan de estrearse con triunfo no derbi provincial ante o Ribeira Sacra por 1-3, mantiveron o pleno de vitorias nun partido que esixiu o máximo das xogadoras dirixidas desde o banco.

O Arenal Emevé iniciou con forza, levándose o primeiro set por 19-25, pero o Pontevedra reaccionou e igualou o encontro cun 25-17 no segundo parcial. O terceiro set foi o máis intenso, resolvéndose por un axustado 27-25 a favor das locais.

Lonxe de renderse, o conxunto lucense recuperou o control do xogo e dominou con claridade o cuarto set (14-25) e o tie-break definitivo (8-15), certificando así unha nova vitoria que lle permite manterse invicto neste inicio de tempada.

O Arenal Emevé, que debutará esta tempada como local na Casa do Deporte na próxima xornada, recibirá ao Teis, equipo que iniciou a competición con dúas derrotas, coa intención de prolongar o seu excelente comezo ligueiro.

Advertisement