Connect with us

Balonmán

Arenal Emevé alevín masculino inaugurou a tempada en Pontevedra

O Arenal Emevé estreouse esta tempada na Primeira División Alevín Masculina cunha derrota por 3-1 na súa visita a Pontevedra, nun encontro no que o conxunto lucense deixou boas impresións a pesar do resultado final.

O partido comezou moi igualado, cun primeiro set decidido por pequenos detalles e que acabou caendo do lado local por 25-22. No segundo parcial, o Pontevedra mostrou máis acerto no servizo e ampliou a vantaxe cun claro 25-13.

O Emevé reaccionou no terceiro set, mellorando o seu xogo en recepción e ataque, e conseguiu reducir distancias tras un intenso 26-28, o máis axustado do encontro. Porén, no cuarto e definitivo parcial, o equipo pontevedrés impúxose por 25-19, pechando o choque cun marcador final de 3-1.

Na próxima xornada, o Arenal Emevé debutará como local na Casa do Deporte, onde recibirá ao Aldebarán, conxunto que suma unha vitoria e unha derrota nas dúas primeiras xornadas da competición.

Advertisement