Connect with us

HOCKEY

Aquelarre Meigas benxamín B inaugurou a tempada con máxima ilusión

O Aquelarre Meigas B iniciou a súa andaina na liga cunha derrota ante un dos equipos máis fortes da categoría, os Morcegos HL. O resultado final de 0-7 non reflectiu a actitude e o traballo incansable dos pequenos, que non deixaron de loitar en ningún momento.

Benxamín
Aquelarre Meigas vs Morcegos HL

Resultado ao descanso: 0 – 3
Resultado final: 0 – 7

Aliñación: Celia Becerra (P), Nicolás Cuesta, Alonso Cantalapiedra, Alba Pérez, Leire López Banquiño:Mauro Piñeiro, Izan Díaz, Narel Bello, Alan Buide, Martin Cuesta (P)
Penalizacións:• Leire López García – 1 falta (2 min)

Resumo do partido:
O primeiro encontro de liga foi unha dura batalla fronte a Morcegos HL, un dos tres equipos máis fortes da categoría. A diferenza física e de idade era notable, pero o Aquelarre Meigas fixo un esforzo monumental, mantendo a portería a cero durante os primeiros 10 minutos. A pesar da diferenza nas dimensións físicas e a idade, o equipo defendeu con orde, gañou duelos cando foi posible e mantivo unha concentración impresionante. A derrota, aínda que amplia, non reflicte a valentía e a personalidade que mostraron os xogadores.

Xogador destacado / MVP:
Izan Díaz Marondereia
Aínda sendo prebenxamín de segundo ano e xogando nunha liga superior, Izan fixo un partido impresionante en defensa, destacando pola súa lectura de xogadas en contra, a súa colocación, agresividade ben entendida e a súa capacidade para conter as accións dos xogadores máis grandes. Unha actuación de moito mérito.

Frase do adestrador (Ferni):
“Moito mérito a cada un dos xogadores por, ante un rival tan difícil, non baixar os brazos en ningún momento.”

Próximo rival :
Artabriños Hockey Club White

——————————————————————————————————————

Aquelarre Meigas impónse con claridade fronte aos Artabriños HC White

O Aquelarre Meigas B conseguiu unha vitoria clara por 2-10 ante o Artabriños Hockey Club White, nun encontro no que destacou pola súa superioridade técnica e táctica, ademais dunha gran capacidade ofensiva. A pesar da diferenza no marcador, o equipo de Artabriños amosou unha actitude excelente durante todo o partido.

Benxamín
Artabriños Hockey Club White vs Aquelarre Meigas

Resultado ao descanso: 1 – 6
Resultado final: 2 – 10
Aliñación: Celia Becerra (P), Narel Bello, Mauro Piñeiro, Alan Buide, Izan Díaz
Banquiño: Leire López, Nicolás Cuesta, Alonso Cantalapiedra, Alba Pérez, Martiño Cuesta (P)

Goleadores:
• Mauro Piñeiro – 4
• Narel Bello – 2
• Nicolás Cuesta – 2
• Alonso Cantalapiedra – 1
• Alan Buide García – 1

Asistencias:
• Narel Bello – 2
• Alan Buide García – 2

Penalizacións:
• Alan Buide García – 1 falta (2 min)

Resumo do partido:
Enfrentamento entre dous equipos B no que o Aquelarre Meigas dominou claramente tanto no apartado técnico como táctico. O equipo amosou mellor lectura dos espazos, unha maior experiencia competitiva e unha capacidade ofensiva moi superior, o que lle permitiu impoñerse sen problemas no marcador. Non obstante, cómpre destacar o mérito do equipo de Artabriños, que, a pesar de ser un equipo novo, demostrou moitas ganas e unha actitude exemplar durante todo o partido. O Aquelarre Meigas circulou o disco con criterio, dominou o ritmo do xogo e amosou unha evolución notable respecto á xornada anterior.

Xogador destacado / MVP:
Narel Bello
Aínda sendo prebenxamín e xogando en categoría Benxamín, Narel destacou por súa explosividade e capacidade física, marcando a diferenza no partido. Achegou goles, asistencias, presión constante e tivo un impacto ofensivo moi grande en cada cambio.

Frase do adestrador (Ferni):
“Moi contento do traballo do equipo B durante toda a xornada. Teño moitas ganas de enfrontarnos a outro equipo da táboa superior e ver como respondemos.”

Próximo rival :
CPL Brigantium

Advertisement