Connect with us

Fútbol Sala

Ao Ribeira tan só lle sobraron tres minutos ante o mellor equipo da competición

A xornada 4 da Copa Alevín Feminina, Grupo 3, deixou unha gran lección de competitividade e tensión no pavillón Somos Fútbol de Lugo. O Ribeira F.S. En boas máns recibiu ao equipo campión de Liga, Fisober F.S.F., nun partido que fixo vibrar a cada xogadora e a cada afeccionado presente, deixando clara a mellor versión do conxunto local durante boa parte do encontro.

Resultado ao descanso: 1 – 0

Resultado final: 1 – 3

ALINEACIÓN DO RIBEIRA F.S.: 

Daniella Polo, Nerea Rodríguez, Lola Zapata, Cira Porto, Andrea López. 

BANQUIÑO:

Éire Pin, Vega Zapata, Elena Álvarez, Antia Cancela, Paula Yebra.

Goleadora: Nerea Rodríguez

O partido arrincou cun Ribeira F.S. decidido a plantarse con forza contra Fisober. As xogadoras locais souberon facer fronte á dificultade do encontro, mostrando o mellor xogo ofensivo de toda a tempada. Durante os primeiros 20 minutos, o equipo local tivo o control, mantendo a posesión e xerando varias ocasións de gol, aínda que non conseguiron sacar todo o rédito que merecían. Pola súa parte, Fisober estivo moi sólido na defensa, pero non puido evitar que Nerea Rodríguez abrira o marcador para o Ribeira, poñendo ao equipo local por diante oa termino da primeira parte.

Tras o descanso, o Ribeira saíu disposto a ampliar a súa vantaxe, pero o partido deu a volta e os papeis cambiaron por completo. O equipo local sufriu para defender a súa vantaxe e, mentres Cira Porto e Daniella Polo fixeron un traballo monumental, Fisober, que non se rendiu, empezou a mostrar todo o seu potencial. As xogadoras do equipo visitante someteron ao Ribeira coa súa presión constante, convertendo cada ofensiva en ocasións de gol.

Foi un despregue físico impresionante, pero a diferenza de calidade de Fisober facía que cada acción dos visitantes fose letal. O empate a 1-1 chegou ao puco da reanudación. Pero a presión , cada vez mais axfisiante, fixo que no minuto 37 chegaran dous goles en apenas 40 segundos, o Ribeira viu como o seu soñado triunfo se esvecia cos dous goles encaixados. O resultado final foi un 1-3 que non reflicte a igualdade vista no campo durante a maior parte do encontro.

As Tres Mellores Xogadores do Ribeira F.S.: 

– 3 puntos: Cira Porto 

– 2 puntos: Lola Zapata 

– 1 punto: Nerea Rodríguez

Clave do partido: A personalidade e tensión competitiva das xogadoras locais foi o que mantivo ao Ribeira competitivo durante os 37 minutos que estivo ao fronte no marcador. A pesar da derrota, a actitude e o esforzo foron indiscutibles.

Palabras da adestradora Luna: 

«Estivemos durante 37 minutos puntuando contra o mellor equipo da competición, facéndolle sacar o seu mellor xogo para sacar 3 puntos que quizais hoxe o Ribeira merecía. Pero o deporte é así, e imos sacar os aspectos a mellorar para viaxar a Dumbría esta fin de semana coa máxima ilusión.»

O Ribeira F.S. segue a súa preparación para a xornada 5, onde xogará como local contra F.S.F. Castro en Lugo, e casi de seguido xogará de novo contra Fisober en Dumbría, partido aprazado da xornada 1, buscando un novo reto para seguir mellorando e seguir competindo ao máis alto nivel.

Patrocinio