Connect with us

Fútbol Sala

Alto do Vento rachou ca escalada de Lugo Sala na Preferente infantil masculina

No Pabellón Restollal de Santiago, o Lugo Sala Acasti Reformas enfróntase ao Alto do Vento nun partido decisivo pola terceira praza da clasificación da liga Infantil Preferente Masculina. Ambos os equipos chegaban a esta cita con perspectivas diferentes: o Alto do Vento, que viña de dúas derrotas consecutivas, e o Lugo Sala, que chegaba cunha racha imbatida de sete vitorias seguidas.

Alineación do Lugo Sala Acasti Reformas:

Asier Gil Cadavide, Lucas Nogueiras Pires, Xoel Pena Paderne, Yerai Álvarez Ruas, Mateo Soto Veiga. 

Banquillo: Pablo Arias López, Álex Freire Rey, Daniel Villamor Vázquez, Pablo Piñeiro Iravedra.

O partido comezou cunha intensidade elevada por parte de ambos os equipos, sen concesións. O Lugo Sala Acasti Reformas foi o primeiro en achegarse á portería rival con dúas ocasións clarísimas que non souberon materializar: dous balóns ao segundo pau que non tiveron o remate preciso para ser gol. A pesar diso, foi o equipo local quen se adiantou no marcador no minuto 14, aproveitando un erro defensivo do Lugo Sala, que non soubo responder á presión.

A partir de aí, o partido mantivo un ritmo frenético, con ocasións para ambos os lados. O Lugo Sala intentaba reaccionar, e a falta dun minuto para o descanso, foi **Xoel Pena** quen, co seu gol, conseguía o empate 1-1 para os de Lugo. Non obstante, no último suspiro da primeira metade, outro erro defensivo permitiu que o Alto do Vento volvese adiante no marcador, deixando o 2-1 ao descanso.

Xa na segunda parte, o Alto do Vento comezou con moita forza e xusto no inicio, aproveitou dúas malas defensas do Lugo Sala dentro da súa área para ampliar a súa vantaxe a 4-1. Aínda máis, unha contra ben levada fixo que o equipo local se puxese 5-1 no minuto 30. O Lugo Sala Acasti non baixou os brazos e continuou loitando por meterse no partido, pero as ocasións que tiveron non foron suficientes para recortar distancias.

Foi Pablo Arias quen logrou o 5-2 definitivo a falta de dous minutos, pero xa non houbo tempo para máis.

Claves do partido: 

Os erros defensivos foron os grandes protagonistas no desenvolvemento do encontro. O Lugo Sala non soubo xestionar as accións defensivas nas áreas e isto pasoulle factura, sobre todo nas xogadas de gol do equipo local. A intensidade mantívose alta durante todo o partido, pero a falta de precisión nas decisións defensivas foi determinante para que o Alto do Vento se levase a victoria.

Mellores xogadores do Lugo Sala Acasti Reformas: 

3 puntos: Xoel Pena 

2 puntos: Pablo Piñeiro 

1 punto: Pablo Arias 

A próxima xornada, o Lugo Sala Acasti Reformas volverá a xogar en casa contra a Academia 5 Coruña F.S., un equipo que vén de perder contra o líder, «O Parrulo». Na primeira volta, o Lugo Sala foi derrotado por 3-0 en terras coruñesas e buscará reverter ese resultado no seu feudo.

A clasificación segue apretada, pero os lucenses seguirán loitando por acadar o mellor resultado posible nesta recta final da competición.

Patrocinio