Connect with us

Fútbol Sala

A sorte non acompaña ao Ribeira FS alevín e perde contra O Esteo

Un gol en propia porta e a falta de acerto sentencian a un Ribeira que seguiu competindo sen descanso.


Alevín Preferente Masculina
O Esteo – Ribeira FS Autocares Álvarez

Resultado ao descanso: 2-0
Resultado final: 5-0

Alineación: Thiago , Luca Bande, Manu Murado, Martín Fernández, Pablo Rodríguez
Banquiño: Luka Revaldería, Mauro Bande, Arthur, Fabio Álvarez, Aarón, Eric Marqués

Destacados da xornada:

  1. Thiago , 2. Luca Bande, 3. Martín Fernández

Resumo do partido:
O Ribeira FS Autocares Álvarez saltou ao campo ben asentado e concentrado, comezando con boa intensidade en defensa, sen deixar que O Esteo creáse perigo facilmente. O rival tiña a posesión, pero os lucenses defendían ben e estaban cómodos no xogo. A pesar de ter algunha ocasión a balón parado e a contra, o equipo non conseguiu materializar. A primeira xogada desafortunada chegou cando, nun intento de despexe, Pablo Rodríguez marcou un gol en propia porta, o que afectou o ánimo do equipo, que encaixou o 2-0 pouco antes do descanso.

Na segunda parte, o equipo comezou ben, pero o primeiro gol do Esteo nunha contra fixo que se viñeran abaixo. Aínda así, o Ribeira intentou reaccionar, tendo dous man a man claros, pero a falta de acerto seguiu pasándolle factura. O rival conseguiu o 4-0 e, pese a un tempo morto que reactivou ao equipo, nos últimos minutos fixeron o 5-0 definitivo. O Ribeira FS non deixou de loitar en ningún momento, pero os erros de cara ao gol foron demasiado custosos.

Clave do partido:
Fallar ocasións de gol que fan que non nos metamos nos partidos.

Frase de César:
«Seguimos competindo fenomenal e os nenos deixan a alma. Faltanos ter sorte de cara ao gol para gañar un partidiño.»

Próximo enfrentamento:
Os Alevíns do Ribeira FS Autocares Álvarez recibirán ao Unidade Fene nun partido decisivo para o futuro do equipo, no que tamén se xogarán o average particular, onde o Ribeira ten vantaxe por gañar na ida 2-5.

Advertisement