Os de César volven á senda da vitoria, despois do empate da xornada pasada
Infantil Preferente Masculina
Ribeira Meizoso Fernández vs Noia FS
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 7-1
Aliñación: Carlos Raposo, Hugo Jartin, Alex Freire, Pablo Piñeiro, Martín Ferreiro
Banquiño: Pablo Arias, Hugo Fontao, Hugo Álvarez, Matías, Alberto Durán, Rodrigo Durán
Goleadores: Hugo Jartin, Pablo Arias, Alex Freire, Hugo Fontao, Martín Ferreiro (2), Yoel Darriba
Destacados da xornada: 1-Alex Freire 2-Martín Ferreiro 3-Hugo Jartin
Resumo do partido:
O primeiro tempo foi complicado para o Ribeira, que non acadou o seu mellor xogo. O equipo foi lento, sen moita mobilidade e abusando de posesións demasiado longas. O Noia, ben organizado, aproveitaba as contras para xerar perigo, logrando poñerse 0-1 tras un erro defensivo. O gol espabilou ao Ribeira, que pasou a subir a súa presión. Tras un roubo de balón, fixeron o 1-1, e aínda que as ocasións seguiron chegando, o 2-1 chegou nunha xogada brillante entre Pablo e Alex, que fixo o gol a falta de 1 segundo para o descanso.
Na segunda parte, os lucenses melloraron considerablemente, saíndo con moita máis intensidade e mobilidade. Un gol rápido de Alex Freire fixo o 3-1, o que lles deu tranquilidade. Os visitantes tiveron a oportunidade de recurtar distancias cunha boa contra, pero Matías impediu o gol coa súa intervención. Ao pouco, Martín Ferreiro anotou o 4-1 e a partir de aí, o partido xa foi un monólogo do Ribeira, que seguiu ampliando a súa vantaxe ata o 7-1 definitivo.
Clave do partido:
O cambio de actitude na segunda metade foi fundamental para a vitoria.
Frase de César:
«Nesta liga, como non apretes os 50 minutos, é moi difícil sacar os 3 puntos. A primeira metade foi un exemplo do que non debemos facer. Que nos sirva de toque de atención.»
Próximo rival:
O Ribeira volve xogar na casa contra o AD Codima, onde buscarán continuar coa súa boa racha.