Gran reacción tras un inicio complicado e exhibición colectiva nun partido moi completo.
Preferente Xuvenil Masculina
Marín Futsal 4 – 8 Casás
Resultado ao descanso: 2-5
Resultado final: 4-8
Aliñación: Jandro, Bruno, Samu, Pablo, Diéguez
Banquiño: Carballo, Jacobo, Jorge
Goleadores: Bruno (2), Diéguez, Samu, Pablo (2), Jorge
Destacados da xornada: Bruno, Pablo, Samu
Resumo do partido:
O encontro comezou cun Casás que sabía perfectamente o que tiña que facer, pero que nos primeiros sete minutos viuse superado polo ritmo do rival, o que permitiu ao Marín adiantarse con dous goles. A partir dese momento produciuse un punto de inflexión claro no partido. Os lucenses comezaron a dominar todos os aspectos do xogo, mellorando na presión, na circulación de balón e na chegada a portería rival. A pesar de errar varias ocasións moi claras, Casás mostrou unha gran capacidade ofensiva e marchou ao descanso cun contundente 2-5. Na segunda metade, o equipo corrixiu pequenos axustes defensivos e mantivo a mesma liña de xogo, cunha defensa sólida e continuas chegadas en ataque. Os de Ángel controlaron o partido en todo momento, xerando numerosas ocasións e sen dar opcións a que o rival se metese no encontro, pechando unha vitoria moi convincente por 4-8.
Clave do partido:
A gran actitude ofensiva e defensiva do equipo, traballando todos xuntos.
Frase de Ángel:
«Buen partido en todos los aspectos y este el camino a seguir en 2026.»
Próximo enfrontamento:
Os rapaces de Ángel volverán á competición xa á volta das vacacións, cando xogarán en Lugo contra un dos equipos máis en forma da categoría, o Composala, nun duelo esixente no que Casás buscará afianzar o seu salto á parte alta da táboa.