A pesar de reaccionar na segunda parte, os lucenses non logran puntuar tras un mal arranque.
Xuvenil División de Honra
Carballiño FS – Lugo Sala Acasti Reformas
Resultado ao descanso: 4-1
Resultado final: 6-4
Alineación: Álex, Rión, Iago N., Braisete, Sanfiz
Banquillo: Vila, Aitor, Dela, Maikol, Mera
Goleadores: Sanfiz 2, Rión, Dela
Destacados da xornada: 1. Sanfiz 1. Mera 3- Iago N.
Resumo do partido:
A primeira parte comezou con moita dificultade para o Lugo Sala, xa que o equipo local logrou un 3-0 tras varios erros defensivos que deron ao Carballiño unha vantaxe ampla. A pesar diso, o Lugo Sala non se veu abaixo e conseguiu reaccionar co 3-1 grazas a unha boa acción de ataque posicional. No entanto, unha xogada polémica ao final da primeira parte, cun lanzamento de dobre penalti, permitiu ao Carballiño marcar o 4-1 antes de chegar ao descanso, o que deixou ao Lugo Sala cunha sensación de frustración. Na segunda metade, o Lugo Sala tivo que afrontar unha expulsión ao pouco de comezar. Durante a inferioridade, encaixamos un gol máis, o 5-1, pero os lugueses non se deron por vencidos. O equipo seguiu loitando e, a pesar de recurtar distancias ata o 6-4, co que se rematou o encontro. A diferenza final non reflicte a loita e a reacción do equipo tras un comezo tan complicado.
Clave do partido: O mal inicio de partido e as decisións arbitrais condicionaron o resultado final.
Expulsión: Mera por dobre cartón marelo, e Rión por vermello directo.
Frase de Christian:
«Partido condicionado por el mal inicio y por otros factores que no podemos controlar que hicieron que fuese imposible puntuar.»
Próximo enfrontamento:
O Lugo Sala xogará contra o Trepalio León no próximo partido, nunha nova oportunidade para loitar pola vitoria.