Connect with us

Fútbol Sala

A Piringalla quedou ás portas dos puntos ante Narón no Palomar

Os de Juan ofrecen unha gran imaxe durante os 40 minutos, pero a falta de acerto condena o resultado.

Alevín Preferente Masculina
Piringalla Huno Peluqueros  vs Narón O Freixo
Resultado ao descanso: 0-1
Resultado final: 2-3

Aliñación: Thiago, Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquillo: Xosé, Samuel, Sergio, Alex de la Peña, Lozano, Bosco
Goleadores: Alex de la Peña, Izan
Destacados da xornada: Pelayo, Samuel, Mateo

Resumo do partido:
A Piringalla asinou unha primeira parte moi seria e igualada ante un rival que chegaba en mellor posición na táboa. Os de Juan saíron sen complexos, presionando alto e dificultando moito a saída de balón do Narón O Freixo. Froito desa presión chegaron varios roubos e ocasións claras, pero a falta de acerto evitou abrir o marcador. No minuto 16, nunha acción a balón parado, o rival logrou adiantarse cun disparo á escuadra. Lonxe de baixar os brazos, A Piringalla seguiu competindo a gran nivel e estivo moi preto do empate antes do descanso, cun balón ao longueiro de Sergio e un man a man de Alex de la Peña que sacou o porteiro rival.
Na segunda parte, o premio chegou axiña, cun gol de Alex de la Peña tras aproveitar un rexeite. A alegría durou pouco, xa que o Narón O Freixo respondeu case de inmediato co 1-2. A Piringalla volveu reaccionar rápido e Izan fixo o empate, mantendo a presión alta e boas sensacións sobre a pista. Co paso dos minutos, os axustes e cambios do rival fixeron dano, e unha perda preto da área permitiu o 2-3 definitivo. Ata o final, os locais buscaron o empate e mesmo tiveron un disparo á escuadra que puido cambiar o desenlace, pero o partido acabou escapando por pequenos detalles.

Clave do partido:
Non aproveitar as ocasións claras da primeira parte foi determinante vendo o desenlace final do encontro.

Frase de Juan:
«Contentísimo co traballo e a progresión que está tendo o equipo, e hoxe viuse reflectido durante os 40 minutos.»

Próximo enfrontamento:
A Piringalla afrontará a próxima xornada un derbi lucense ante o Casás, un partido especial no que buscará transformar as boas sensacións en puntos.

Advertisement