Connect with us

Fútbol Sala

A Piringalla estrenou a conta na Preferente cadete masculina

Os lucenses asinaron un encontro moi completo, con intensidade, presión alta e carácter competitivo, logrando o seu primeiro triunfo na nova categoría.

Cadete Prefrente Masculina
ADC Piringalla Bar O Cruce – Lago Sport
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 5-4

Aliñacións:
Piringalla: Alejandro, Guerreiro, Adri, Roni, Lucas
Banquiño: Said, Araujo, Aira, Mario, Adrian, Antón, Nico

Goleadores:
Piringalla:  Lucas Noel (2), Aira, Adrian, Araujo

Resumo :
O partido comezou con moita intensidade e poucos espazos, con ambos equipos moi ben posicionados. A falta de poucos minutos para o descanso, unha perda na saída de balón custoulle cara ao Piringalla, xa que o Lago Sport aproveitou a superioridade para facer o 0-1. Cando todo parecía indicar que se chegaría así ao descanso, Lucas Noel roubou un balón en media pista e, nunha transición rápida, empatou o encontro antes do sinal do árbitro.


O Piringalla saíu moi enchufada tralo descanso, cunha presión alta que pronto deu resultado. En poucos minutos o equipo de Roberto logrou poñerse por diante e ampliar a vantaxe con boas accións colectivas e moita intensidade. O tramo final foi de máxima tensión: a falta de catro minutos, o equipo quedou cun xogador menos durante dous minutos tras unha expulsión. A defensa en inferioridade foi exemplar, evitando calquera gol do rival. Xa en igualdade, o Lago Sport recortou distancias, pero a Piringalla mantivo a calma e soubo xestionar os últimos minutos con madurez, asegurando así unha vitoria moi traballada.


Protagonistas e ambiente:
O traballo colectivo foi clave, pero destacaron Aira, Roni e Guerreiro polo seu esforzo e constancia en ambas áreas. A afección celebrou con intensidade o primeiro triunfo do equipo nesta categoría, recoñecendo o compromiso e mellora dos xogadores.

Claves do partido:

  • A presión alta e a intensidade defensiva na segunda metade.
  • As recuperacións en campo rival e as transicións rápidas.
  • A solidariedade do equipo en situacións de inferioridade numérica.

Frase de Roberto:
“Primeira victoria do equipo nesta categoría que nos enche de ánimos para seguir facendo cousas bonitas na categoría.”

Próximo rival:
A próxima xornada, a Piringalla viaxa a xogar contra un rival de alturas, o Troula Betanzos.

Advertisement