Connect with us

Fútbol Sala

A Piringalla cadete superou ao Lagosport na segunda parte

Gran traballo defensivo e eficacia ofensiva sentencian un partido dominado na segunda metade.


Cadete Preferente Masculina
Lagosport vs. A Piringalla Bar O Cruce
Resultado ao descanso; 1-1
Resultado final; 1-5
Aliñación; Anton (PO), Said, Roni, Mario, Nico Corredoira
Banquiño; Aira, Bambán, Adrián
Goleadores/as Roni, Aira, Nico Corredoira, Adrián, Antón

Destacados da xornada
Nico Corredoira, Adrián, Roni

Resumo do partido
O partido comezou cunha gran intensidade por parte de A Piringalla Bar O Cruce, que se presentou cun equipo mermado polas baixas, pero compensado pola inclusión de xogadores infantís. A pesar das dificultades, o equipo foi dende o principio cunha mentalidade forte. Roni adiantou aos lucenses cun gol dende metade de campo, facendo un xugadón que puido marcar a diferenza. A partir de aí, o partido foi moi igualado, pero a falta de 4 minutos, o Lagosport conseguiu o empate a 1-1, co que se chegou ao descanso. Ese gol foi un golpe anímico, pero o equipo mantivo a calma e mostrou un gran traballo defensivo durante a primeira metade, agardando as súas oportunidades en transicións rápidas.
Na segunda parte, a sensación inicial era que o equipo local podía facerse co control do partido, pero A Piringalla sorprendeu ao marcar rápidamente: Aira fixo o 1-2 tras unha xogada cun pivote e, un minuto despois, Nico ampliou a vantaxe a 1-3 tras un tiro de Roni. A eficacia ofensiva foi clave e, a pesar de que o equipo comezaba a notar o cansazo, fixeron o 1-4, que lles deu unha gran tranquilidade. Xa co marcador controlado, pasaron a xogar en bloque baixo para defender a vantaxe. Nos últimos minutos, cando o Lagosport xogaba con porteiro xogador, Antón, o porteiro lucense, capturou un balón e, dende a súa área, fixo o definitivo 1-5, pechando o partido cunha gran actuación do equipo.

Clave do partido
A gran eficacia nas transicions e o traballo defensivo ao longo de toda a segunda parte.

Frase de Juan
«Es un orgullo ver la gran mejoria que ha conseguido este equipo, durante este año tan dificil.»

Próximo enfrontamento
A Piringalla Bar O Cruce recibirá ao Troula Betanzos en Lugo, buscando seguir coa melloría amosada nestes últimos partidos.

Advertisement