A pesar do dominio en xogo, o equipo local non conseguiu converter as ocasións e o 5Coruña fixo valer os seus momentos chave.
Cadete Preferente Masculina
A Piringalla Bar O Cruce vs. 5Coruña
Resultado ao descanso 1-2
Resultado final 2-4
Aliñación; Alejandro, Roni, Adri, Guerreiro, Araujo.
Banquiño; Lucas Noel, Adrián, Nico, Mario, Said.
Goleadores: Lucas Noel, Adri.
Resumo do partido
O encontro comezou cunha clara superioridade do Piringalla Bar O Cruce, que xerou as mellores ocasións do partido. O equipo de Rober tivo o control total do xogo, mentres que o 5Coruña intentaba saír de cinco, pero a defensa local estivo impecable e non permitiu que o rival xerase ocasións claras. Pasados uns 10 minutos, o Piringalla logrou adiantarse no marcador, grazas a varias intervencións do porteiro rival que evitou o 2-0 en varias ocasións.
A poucos minutos de rematar a primeira parte, chegou a xogada que cambió o rumbo do encontro: un golpeo lateral do rival pegou na espalda dun xogador local e igualou o marcador. A falta de pouco tempo para o descanso, o Piringalla non conseguiu despexar un balón na área e o 5Coruña puxo o 2-1, que deixaba ao equipo local con moito traballo por diante.
Na segunda metade, A Piringalla continuou dominando e creando ocasións, pero un penalti fallado e un erro no saque de porta fixeron que o 5Coruña ampliasé a súa vantaxe a 3-1. O equipo local non se rendeu e logrou poñerse 2-3 grazas ao gol de Adri, pero un dobre penalti detido polo porteiro rival e un gol final de 5Coruña sentenciaron o partido co 2-4 definitivo.
Clave do partido
Os dous porteiros do equipo rival foron a clave, parando moitas ocasións claras.
Frase de Rober;
«Unha semana mais moi orgulloso dos meus xogadores, do seu compromiso e do seu traballo tanto pola semana como nos partidos, unha pena o inxusto que esta sendo o fútbol cun grupo que merece moito máis do que está a recibir.»
Próximo enfrontamento
A Piringalla desprazase ás Pontes para xogar contra Lagosport, no partido de ida os de Rober gañaron 5-4.