Connect with us

Fútbol Sala

A Piringalla Bar O Cruce sofre unha dura derrota ante o Parrulo

Un inicio sen intensidade marcou un partido dominado de principio a fin polos ferroláns.


Cadete Preferente Masculina
A Piringalla Bar O Cruce vs. O Parrulo
Resultado ao descanso; 1-8
Resultado final; 1-14
Aliñación; Alejandro, Roni, Aira, Said, Araujo
Banquiño; Adrián, Nico

Goleadores/ Araujo

Resumo do partido
O encontro comezou cun Parrulo claramente superior, cunha Piringalla Bar O Cruce que saíu con pouca intensidade, o que fixo que o rival aproveitase pronto as ocasións e se puxese por diante no marcador. A pesar de chegar ao partido con tres baixas importantes, o equipo local non soubo responder ao xogo do rival e o primeiro tempo rematou cun abultado 1-8.
Na segunda parte, o equipo mellorou algo en canto a xogo combinativo e conseguiu ter algo máis o balón, pero o golpe anímico do descanso foi moi forte e fixo que a reacción fose insuficiente. O partido foi frouxo en xeral e, malia algúns intentos de xogar de maneira máis organizada, o Parrulo dominou a situación en todo momento, ampliando a vantaxe ata o 1-14 final.

Clave do partido
A falta de intensidade, especialmente nos primeiros minutos, foi determinante.

Frase de Rober;
«Rival moi superior pero non é excusa, xa que o maior problema foi a falta de actitude do equipo.»

Próximo enfrontamento
Os de Rober viaxan ata Santiago para enfrontarse contra o CD Laca, buscando mellorar e competir.

Advertisement