Connect with us

Fútbol Sala

A Piringalla Bar O Cruce cadete paga moi caro os detalles na Coruña


Gran esforzo colectivo dos de Rober, que mereceron máis pola cantidade de ocasións xeradas.


Cadete Preferente Masculina
Galicia Gaiteira vs. Piringalla Bar O Cruce

Resultado ao descanso: 3-1
Resultado final: 4-1

Aliñación
Alejandro, Guerreiro, Adri, Roni, Araujo.
Banquiño
Aira, Said, Adrián, Nico.
Goleadores
Roni.
Destacados da xornada
Alejandro, Adri, Guerreiro.

Resumo do partido
O encontro comezou cun ritmo altísimo e con ocasións para ambos equipos, pero foi o Galicia Gaiteira quen conseguiu abrir o marcador tras unha das súas primeiras chegadas. Os lucenses responderon rápido e dispuxeron de situacións claras para empatar, ata que chegou unha xogada polémica na que se anulou un gol que sería o 1-1. Na acción posterior, os locais puxeron o 2-0, un golpe duro que os de Rober souberon encaxar mantendo a iniciativa ofensiva. Roni acurtou distancias co 2-1 e o equipo seguiu buscando o empate, pero unha perda nos últimos segundos da primeira metade derivou no 3-1, deixando a sensación de castigo excesivo.
Na segunda parte, a Piringalla Bar O Cruce saíu incluso mellor, presión alta, recuperación rápida e múltiples ocasións para volver meterse no choque. O rival tiña dificultades para frear o ritmo dos visitantes, pero nunha xogada illada chegou o 4-1 que practicamente sentenciou o duelo. A partir de aí, o Piringalla non deixou de intentalo, xerando continuidade no xogo, boas combinacións e chegadas moi claras, pero a pelota non quixo entrar. O esforzo, intensidade e compromiso competitivo do equipo foi notable e mereceron un resultado máis axustado polo visto na pista.

Clave do partido:
Un gran traballo colectivo de todos os xogadores.

Frase de Rober:
«Seguimos mellorando o traballo da semana anterior, competindo muy ben todo o partido a este paso non tardarán en chegar os puntos».

Próximo enfrontamento
O Piringalla Bar O Cruce mediarase ao FS Pontedeume, un partido no que tratará de transformar as boas sensacións actuais en puntos.

Advertisement