Gran partido dos de Juan, que dominaron de principio a fin e sumaron un 6-0 máis que merecido.
Alevín Preferente Masculina
Piringalla Huno Peluqueros vs O Parrulo
Resultado ao descanso: 3-0
Resultado final: 6-0
Aliñación: Thiago , Martiño, Bosco, Izan, Pelayo
Banquiño: Lucas, Samuel , Xosé, Nico Meilán, Sergio
Goleadores: Pelayo, Bosco (2), Lucas, Sergio, Martiño
Destacados da xornada: Bosco, Lucas, Pelayo
Resumo do partido:
A Piringalla fixo un partido redondo, con moita intensidade e ben traballado en todos os aspectos. Logo dunha primeira parte dominada de principio a fin, os de Juan saíron moi superiores ao Parrulo, metendo o primeiro gol de forma rápida grazas a un gran disparo de Pelayo. Esa primeira vantaxe deulles moita confianza, e con moita intensidade, seguiron a marcar goles, facendo o 2-0 e 3-0, que se quedaba curto vendo a superioridade mostrada na pista.
Na segunda parte, o Parrulo saíu máis forte e tivo varias ocasións nos primeiros minutos, pero Samuel estivo impecable baixo os paus, evitando o gol rival. Con esa seguridade, A Piringalla foi medrando de novo no encontro e, cun gran gol de Sergio, fixeron o 4-0. Xa cos ferroláns volcados completamente para buscar a remontada, chegaron o 5-0 e o 6-0 definitivo, sentenciando un partido de gran nivel.
Clave do partido:
A actitude, a unión e a intensidade durante os 40 minutos foron os pilares que levaron a A Piringalla a unha vitoria rotunda e merecida.
Frase de Juan:
«Creer, unión e actitude foron os 3 pilares para conseguir un partido moi completo.»
Próximo enfrontamento:
A Piringalla visita a Codima na próxima xornada, cun claro obxectivo: sacar un resultado positivo que os achegue máis á zona de salvación.