Connect with us

Fútbol Sala

A Piringalla alevín suma unha merecida vitoria ante o Lago Sport

Gran eficacia no ataque, para un triunfo que chega como recompensa ao traballo constante do equipo.

Alevín Preferente Masculina
Lago Sport vs Piringalla Huno peluqueros

Resultado ao descanso: 0-3
Resultado final: 1-4

Aliñación: Thiago (PO), Martiño, Mateo, Izan, Pelayo
Banquiño: Lucas, Samuel (PO), Xosé, Lozano, Bosco
Goleadores: Pelayo, Xosé, Martiño, Izan
Destacados da xornada: Pelayo, Martiño, Xosé

Resumo do partido:
Non foi o mellor partido de A Piringalla, con menos soltura no ataque que noutros encontros, pero a eficacia foi máxima. O Lago Sport comezou mellor, con maior intensidade, pero no ecuador da primeira parte, Pelayo abriu o marcador cun disparo potente e raso tras un saque de banda. Ese gol deu moita confianza aos de Juan, que comezaron a cambiar o rumbo do encontro. Os cambios no equipo tamén deron froito, e Xosé fixo o 0-2 tras un disparo de Pelayo. Pouco antes do descanso, Martiño fixo o 0-3 tras unha rápida transición.
Na segunda parte, A Piringalla saíu ben, creando máis ocasións que na primeira, pero cunha menor efectividade. Non obstante, Izan fixo o 0-4, chegando perfectamente ao segundo pau tras un pase de Martiño. O Lago Sport maquillou o resultado cando quedaban poucos minutos para rematar o partido.

Clave do partido:
A gran eficacia en ataque, a pesar de non ter o mellor xogo de equipo, foi fundamental para levarse os tres puntos.

Frase do adestrador:
«Esta victoria tenía que haber llegado ya hace varias jornadas, es el premio al buen trabajo que hacen los niños todos los entrenamientos y partidos.»

Próximo enfrontamento:
A Piringalla xogará como local contra o Troula Betanzos, un partido que afrontarán coa moral alta tras esta importante vitoria.

Advertisement