Un inicio brillante non tivo continuidade nun partido marcado polos nervios e a xestión dos momentos clave.
Alevín Preferente Masculina
A Piringalla vs Unidade Fene
Resultado ao descanso: 2-1
Resultado final: 3-5
Aliñación: Thiago, Lucas, Martiño, Sergio, Pelayo
Banquillo: Ares, Bosco, Izan, Nico Ferreiro, Lozano, Nico Meilán
Goleadores: Sergio, Martiño (2)
Destacados da xornada: Pelayo, Martiño, Sergio
Resumo do partido:
A Piringalla asinou os dez mellores minutos da tempada nun inicio de partido sobresaiente, sen conceder absolutamente nada ao rival e xogando cun nivel altísimo. Ese bo comezo tivo premio cun gol temperán de Martiño para facer o 1-0, e mesmo houbo opcións claras para ampliar a vantaxe. Tras un tempo morto do Fene, o rival axustou detalles e comezou a sentirse máis cómodo, pero aínda así A Piringalla fixo o 2-0 cun auténtico golazo de Sergio. A partir dese momento, as cinco faltas acumuladas pasaron factura e condicionaron moito o tramo final da primeira parte. O equipo aguantou ben, pero un gol en propia porta, tras varios rexeites e con moi mala fortuna, deixou o marcador en 2-1 ao descanso.
Na segunda metade apareceron os nervios. Os lucenses contaxiarónse do xogo directo do rival, con moito balón longo e pouca posesión, mentres o Fene apertaba moi arriba. Os de Juan buscaban as costas da defensa rival, dúas perdas consecutivas permitiron aos visitantes darlle a volta ao marcador. Co 2-4, os nervios aumentaron, aínda que unha transición rápida permitiu a Martiño marcar o 3-4 e volver meter aos púpilos de Juan no partido. Cando o equipo buscaba o empate, xa nos últimos instantes, os ferroláns sentenciaron co 3-5 definitivo.
Clave do partido:
Non soubemos xestionar a vantaxe no marcador e os nervios e a presión da segunda parte sacáronnos do partido.
Frase de Juan:
«Muy orgulloso de que el equipo lo ha dado todo, pero tenemos que saber gestionar situaciones como las de este partido tan importante.»
Próximo enfrontamento:
Á volta das vacacións, derbi capitalino contra Ribeira FS, partido moi importante con 3 puntos de ouro en xogo.