Connect with us

Fútbol Sala

A pegada mantén a boa xeira do Ribeira xuvenil

Un gol de Miguel coa portería baleira sentenciou un partido tolo e igualado que rematou 5-3.

División de Honra Xuvenil
Ribeira FS Sibuscascoche – Finura del Ibérico La Bañeza
Resultado ao descanso: 2-2
Resultado final: 5-3

Alineación: Hugo Sánchez, Iker, Mateo, Dani, Iago
Banquiño: Pablo Dorado, Marco, David, Hadrian, Miguel, Tubio
Goleadores: Dani, David, Iker, Miguel, Hadrian

Resumo do partido:
O partido comezou cun claro dominio do Ribeira , que controlaba o xogo e as ocasións. Ao pouco de comezar, Iker abriu a lata, facendo parecer que o encontro sería tranquilo, pero a partir dese momento, o ritmo do partido cambiou. Os leoneses comezaron a presionar mellor o balón, forzando varias perdas do Ribeira e logrando dar a volta ao marcador cun par de goles en apenas cinco minutos. O partido converteuse nun ida e volta, con ocasións para ambos equipos, e a un minuto do descanso, Hadrian conseguiu empatar o partido.
Na segunda metade, o guión non mellorou, e o encontro continuou sen control, con ocasións para os dous equipos. Os visitantes puxeron o 3-2 ao comezo da segunda parte, pero Dani respondeu cun gol tras unha boa acción individual. David marcou o 4-3 de dobre penalti, e logo chegaron as expulsións para ambos equipos, deixando o partido no 4 contra 4. A Bañeza arrincou con porteiro xogador, pero Miguel roubou o balón e marcou a portería baleira, asegurando a vitoria para o Ribeira FS. O equipo lucense sumou a súa terceira xornada consecutiva sen coñecer a derrota.


Clave do partido:
A boa defensa do Ribeira FS, que conseguiu non conceder moitas ocasións de gol.
Expulsión: Tubio

Frase de Pablo Díaz:
«Fixemos un mal partido, non soubemos dominar, e pese a ser mellores demos facilidades de meterse no partido ao rival. O mellor, o resultado.»

Próximo enfrontamento:
Os lucenses desprazaranse a próxima fin de semana ata Redondela, buscando ampliar a súa boa racha.

Advertisement