O Ribeira F.S. Autocares Álvarez deixou boas sensacións na súa visita á Coruña pese á derrota por 2-0 ante o Hércules, nun partido moi igualado decidido por pequenos detalles na segunda metade.
Enfrontamento: Hércules – Ribeira F.S. Autocares Álvarez
Categoría: Alevín Galega
Resultado ao descanso: 0-0
Resultado final: 2-0
Aliñación: Iker Giraldo, Pablo Rodríguez, Manu Murado, Luca, Martín Fernández
Banquiño: Luka Revaldería, Fabio, Aarón, Eric, Mauro, Thiago (porteiro)
Xogadores destacados: Martín Fernández, Pablo Rodríguez, Manu Murado
Resumo primeira parte:
O equipo saíu moi ben nos primeiros minutos, buscando sacar o balón xogado e creando ocasións claras que non se lograron materializar. Co paso dos minutos, o Hércules foise metendo máis no partido, pero o Ribeira defendeu con orde e cun gran Iker na portería conseguiu manter o 0-0 ao descanso.
Resumo segunda parte:
Tralo paso polos vestiarios, o Ribeira mantivo o nivel pero o encontro converteuse nun correcalles que non lle favoreceu. Mediado o segundo tempo, unha falta lonxana provocou o 1-0 tras un rechace desafortunado. O equipo non baixou os brazos e seguiu competindo, pero un novo rebote deixou o rival só diante do porteiro para facer o 2-0. Nos minutos finais, os de César arriscaron arriba e gozaron de ocasións claras, aínda que sen fortuna cara ao gol.
Clave do partido: A falta de acerto de cara ao gol e dous erros defensivos puntuais marcaron a diferenza.
Frase do adestrador: “O equipo vai medrando pouquiño a pouco, a medida que pasen as xornadas imos dar moita guerra.”
Próximo enfrontamento: O Esteo