Connect with us

Fútbol Sala

A pegada do Fene eclipsa no marcador a loita do Ribeira alevín

A falta de acerto pasou factura, e pese a dominar moitos tramos do encontro, non se materializou no marcador.


Alevín Preferente Masculina
Ribeira FS Autocares Álvarez – Unid. Fene
Resultado ao descanso: 1-1
Resultado final: 2-4


Alineación: Iker (P), Luca Bande, Manu Murado, Martín Fernández, Pablo Rodríguez
Banquiño: Luka Revaldería, Mauro Bande, Arthur, Fabio Álvarez, Hugo Lanzos, Eric Marqués
Goleadores: Arthur, Manu Murado

Destacados da xornada:

  1. Mauro Bande, 2. Luca Revaldería, 3. Martín Fernández

Resumo do partido:
O Ribeira FS Autocares Álvarez saltou ao campo moi ben asentado, saíndo con boas xogadas e controlando a posesión do balón, pero a falta de acerto a portería continuou sendo un lastre. O equipo tivo dúas ocasións clarísimas que non conseguiu materializar, e no primeiro erro, o rival logrou adiantarse cun gol directo dun saque de banda. Este tanto afectou ao equipo, que durante uns minutos non soubo recuperar o control do partido. Sen embargo, o Ribeira reaccionou e nunha boa xogada colectiva, Mauro Bande puxo o balón ao segundo pau para que Arthur igualara o encontro, co 1-1 antes do descanso.

Na segunda parte, o equipo mantivo a súa boa disposición, pero nunha xogada desafortunada, un despexe rival despistou a Iker e o balón chegou ao pívot rival para o 1-2. Ese erro notouse no equipo, e un novo despiste defensivo levounos ao 1-3. A pesar da desvantaxe, os lucenses non baixaron os brazos, seguiron xerando moitas ocasións, pero o gol volveu ser esquivo. A falta de dous minutos, Manu Murado recurtou distancias co 2-3, dando esperanzas de remontada, pero no saque de banda seguinte, Unid. Fene fixo o 2-4 , co que se chegou ao final de partido.

Clave do partido:
O de sempre, xeramos moitas ocasións pero non somos capaces de facer gol.

Frase de César:
«O gol, e a Deusa fortuna, seguen sen estar do noso lado. Seguimos xogando moi ben, pero faltanos finalizar.»

Próximo enfrentamento:
O equipo de César recibirá ao AD Codima de Santiago nun partido importante para continuar mellorando.

Advertisement