Connect with us

Balonmán

A moeda caeu cruz para Millavén xuvenil en Bueu

O Juvenil Masculino cae por só dous goles nun encontro moi igualado, decidido nos últimos instantes.

O Juvenil Masculino do Millavén CP Lucense regresou sen premio da súa visita ao Atlético Bueu tras un partido moi aberto, no que os ataques se impuxeron ás defensas durante boa parte do encontro. Desde os primeiros compases foron os locais quen levaron a iniciativa no marcador, mentres o Millavén trataba de reducir diferenzas con continuidade ofensiva.

O choque mantívose igualado durante a primeira metade, cun intercambio constante de goles que levou ao descanso cunha renda mínima para o Bueu (18-16). Millavén mantívose sempre no partido, apoiándose no seu ritmo en ataque e na capacidade para responder ás vantaxes locais.

Na segunda metade aumentou a intensidade defensiva por parte de ambos equipos. Os lucenses lograron achegarse en varias ocasións, pero non conseguiron poñerse por diante no marcador. A igualdade mantívose ata os instantes finais, nos que Millavén dispuxo de posesión para igualar o encontro, aínda que o acerto non acompañou e foron os locais quen pecharon o marcador no definitivo 31-29.

No plano individual destacou Lucas, máximo goleador do partido con 12 tantos, ben acompañado por Rodrigo e Amir, con 6 goles cada un. Tamén sumaron Adri e Brayan (2) e David (1), nun esforzo colectivo que mantivo ao equipo con opcións ata o final.

Alineación do Millavén CP Lucense:
Martín e Alex; Lucas (12), Miguel, Álvaro, Héctor, Adri (2), David (1), Hugo, Rodrigo (6), Xan, Brayan (2), André e Amir (6).

Árbitros: Carlos Alonso e Cristian Framil.

Advertisement