Connect with us

Uncategorized

A moeda caeu cruz para Millavén infantil no desenlace final de tempada

O Millavén compite ata o último instante nun duelo cheo de alternativas en Coruña.

O Infantil Masculino do Millavén CP Lucense puxo punto final á tempada cunha derrota moi axustada na pista do OAR Coruña, nun encontro intenso e igualado que non se decidiu ata os últimos minutos.

O partido estivo marcado polas alternancias constantes no marcador. O Millavén entrou ben no encontro e conseguiu levar a iniciativa durante boa parte da primeira metade, chegando ao descanso cunha vantaxe de 17-19 tras mostrar acerto e continuidade no xogo ofensivo.

Na reanudación, o OAR saíu máis acertado e conseguiu poñerse por diante, obrigando aos lucenses a remar de novo. O Millavén reaccionou e foi quen de recuperar a vantaxe durante varios momentos da segunda metade, pero o maior acerto dos locais nos instantes decisivos acabou inclinando o marcador cara ao lado coruñés. Un último arreón do OAR deixou o definitivo 36-34.

No apartado ofensivo destacou Ernesto, máximo goleador lucense con 9 tantos, ben secundado por Breixo (8) e por Víctor e Aryán, ambos con 6 goles. Tamén sumaron Óscar (2), Hugo L. (2) e Nuno (1), nun encontro no que o equipo deixou unha boa imaxe competitiva ata o final.

Alineación do Millavén CP Lucense:
Rayan e Lucas; Óscar (2), Nuno (1), André, Breixo (8), Víctor (6), Aryán (6), David, Hugo L. (2), Ernesto (9) e Nico.

Árbitro: Pablo Torreiro.

Patrocinio