Connect with us

Fútbol Sala

A moeda caeu cruz para Lugo Sala na semifinal polo título de Liga

O Lugo Sala, a pesar das adversidades, pelexa ata o último segundo nas semifinais da Liga

Cadete Feminino – Semifinais da Liga
CD La Peña – Lugo Sala Recambios Frain
Resultado ao descanso: 1-3
Resultado final: 4-3

Aliñación: Nati, Andre, Cande, Mari, Ale
Banco: Alba, Nadix
Goleadoras: Mari, Cande, Ale
Destacados da xornada: Nati, Cande, Andrea, Marina


O Lugo Sala Recambios Frain viaxou ata Marín para disputar as semifinais da Liga na busca do pase á Finalísima. O equipo comezou cun gran arranque, roubando o primeiro balón e abrindo o marcador nos pés de Alexia cun balón ao segundo pau. O traballo do equipo continuou, e no minuto 7 chegou o segundo tanto chegaba cunha xogada semellante, pero neste caso foi Mari a que rematou ao fondo das mallas. O encontro entrou nunha fase máis tranquila, e no medio da primeira parte, chegou un momento clave do encontro, Alexia lesionase nunha man e tivo que abandonar o partido. O Lugo Sala seguiu pelexando, pero entre o calor, e que as lucenses chegaban mermadas polas baixas e a lesíon de Alexia, as forzas foron diminuíndo. A Peña logrou reducir distancias e o Lugo Sala respondeu, ampliando a vantaxe , de novo, cun gol de golpeo exterior de Cande, que deixou o 1-3 ao remate da primeira metade .
Na segunda parte, o equipo de Luchi retomou o encontro consciente de ter menos xogadoras e de que o calor tamén xogaba na súa contra. O traballo principalmente foi defender e deixar os ataques para momentos puntuais, buscando aforrar forzas. Nos últimos minutos, A Peña logrou marcar o 2-3 nun despiste, e decidiu sacar xogo de 5 para igualar. Candela foi expulsada a falta de 2 minutos, feito que aproveitaron as de Marín para facer o empate. Nos últimos segundos, coas xogadoras afundidas fisicamente, as locais non deixaron de intentalo e nunha xogada fatídica, o Lugo Sala marcou un gol en propia porta nun intento de despexe. A pesar da derrota, o equipo de Luchi saíu coa cabeza alta, sendo felicitados polo CD La Peña e pola súa afección.

Clave do partido: Xogar o noso xogo

Lesión de importancia: Alexia
Expulsión: Candela

Frase de Luchi: “Moi orgullosa do traballo e do partido.”

Próximo enfrontamento: En Copa, o Lugo Sala xogará contra o Castro, nos cuartos de final desta competición

Patrocinio