Connect with us

Fútbol Sala

A lotería dos penaltis apeou a Casás da Copa infantil masculina

Copa Infantil Preferente – Oitavos de final

O Esteo F.S. vs Casás

Resultado ao descanso: 0-2 Resultado final: 4-4 (Victoria de O Esteo F.S. nos penaltis por 3-2)

Alineación titular de Casás: Martín – Hernán – Telmo – Erik – Hugo

Banquiño: Álvaro – Adrián – Kike

Goleadores de Casás: Telmo, Erik, Kike, Adri

Casás amosou unha versión moi sólida dende o inicio, nunha primeira metade moi reñida onde a orde defensiva foi clave. Telmo abriu o marcador aos 5 minutos cun bon gol, e Erik ampliou vantaxe no minuto 15. A defensa lucense estivo firme e solidaria, conseguindo marchar ao descanso cun 0-2 merecido.

Na reanudación, O Esteo F.S. reaccionou con forza e logrou igualar o encontro nun abrir e pechar de ollos , 2-2 aos 6 minutos da reanudación. Casás non baixou os brazos e adiantouse de novo cun gol de Kike, pero os locais empataron outra vez só un minuto despois. O equipo de Alberto Guizán seguiu competindo con intensidade e traballando ben as superioridades, aínda que sen acerto de cara a portería. A falta de 8 minutos, O Esteo pasou a gañar 4-3, pero os lucenses non se renderon e lograron empatar 4-4 cun gol de Adri a falta de 3 minutos para o final. Un partido trepidante e cheo de emoción.

Clasificouse O Esteo F.S nunha emocionante tanda de penaltis, gañando por 3-2.

Felicitar a todos os xogadores, polo enorme esforzo e sacrificio dos 8 que competiron ata o último segundo.

Clave do partido:

A intensidade e o sacrificio colectivo de todo o equipo, que competiu de ti a ti ante un gran rival, mesmo cando as forzas flaqueaban.

Frase do adestrador Alberto Guizán:

«Unha mágoa os penaltis, pero o esforzo e o xogo realizado por este equipo foi xenial. Darlle a noraboa ao grupo polo traballo e que sigan así.»*

Fin de tempada:

Aínda que queda fóra da Copa, Casás pecha con orgullo a súa participación nos oitavos de final e xa pensa na próxima tempada, na que teñen depositada moita ilusión.

Patrocinio