Connect with us

Voleibol

A costa de xaneiro prolóngase cruelmente en febreiro para o Emevé xuvenil masculino

O xuvenil masculino do Arenal Emevé aínda non coñece a vitoria no 2025, tras resistírselles ante Oleiros nun partido dispuatdo de poder a poder na Casa do Deporte

Na xornada da Primeira División Xuvenil Masculina, o Emevé enfrontouse ao Club Voleibol Oleiros nun partido de gran intensidade. A pesar do esforzo e unha boa versión do equipo lucense, o resultado final foi de 1-3 a favor dos visitantes.

O primeiro set caeu do lado de Oleiros cun 18-25, grazas a unha maior efectividade nos momentos clave. No segundo set, o Emevé estivo moi preto de igualar o encontro, pero finalmente cedeu por un axustado 24-26.

No terceiro set, o equipo lucense reaccionou con determinación e conseguiu impoñerse por 25-22, mantendo as opcións abertas. No cuarto e decisivo set, a loita foi constante, pero Oleiros logrou a vitoria final tras outro igualado 25-27.

A clave do partido estivo na maior efectividade dos visitantes nos puntos decisivos. A pesar do resultado, o Emevé amosou unha gran melloría e continuará traballando para seguir competindo a bo nivel.

Na próxima xornada, o Emevé afrontará unha complicada saida ante o segundo clasificado, o Dumbría, un rival que xa se impuxo por 0-3 no partido de ida disputado na Casa do Deporte

Patrocinio