Connect with us

Fútbol Sala

A contundencia correu a cargo do Galicia Gaiteira ante Casás cadete

A mellora ofensiva non foi suficiente para un Casás que non puido contra o potente ataque dos herculinos.


Preferente Cadete Masculina
Casás – Galicia Gaiteira
Resultado ao descanso 2-4
Resultado final 4-7


Alineación; David, Isra, Erik, Xoel, Raúl
Banquiño; Hernán, Iker, Kike
Goleadores; Kike, Hernán, Isra, Xoel
Destacados da xornada Raúl, Isra, Iker

Resumo do partido
O Casás recibiu ao terceiro clasificado, un Galicia Gaiteira moi ofensivo, no que foi un partido difícil desde o inicio. A primeira parte estivo marcada por boas accións ofensivas do equipo de Ángel, que conseguiu anotar dous goles, pero a súa defensa non estivo fina, permitindo ao rival crear varias ocasións claras e poñerse por diante no marcador, co 2-4 ao descanso. Na segunda parte, os lucenses saíron con moita intensidade e lograron recurtar distancias, pero un novo erro defensivo fixo que os herculinos volvésen ampliar a súa vantaxe. O equipo de Ángel arriscou xogando con porteiro xogador, pero a estratexia non deu resultado e o Galicia Gaiteira sentenciou o partido cun 4-7 final. A falta de consistencia defensiva condenou ao Casás, que, a pesar das boas fases ofensivas, non logrou frear ao rival.

Clave do partido;
A pouca eficacia defensiva nas accións clave foi o factor determinante neste encontro tan esixente.

Frase de Ángel;
«Si mejoramos un poco el aspecto defensivo seremos un rival duro en los próximos partidos depende de todos.»

Próximo enfrontamento;
Os lucenses viaxan á provincia da Coruña para medirse co F.S. Pontedeume, nun partido que promete ser moi competido.

Advertisement