Os lucenses reaccionaron tralo descanso, pero pequenos detalles volveron decidir o encontro.
Xuvenil División de Honor gr. 1
Redondela FS – Lugo Sala Acasti
Resultado ao descanso: 4-2
Resultado final: 6-3
Alineación: Vila, Iago N., Aitor, Braisete, Sanfiz
Banquillo: Alex, Yagolin, Maikol, Rodrigo, Dela
Goleadores: Aitor 2, Iago N.
Destacados da xornada: Aitor, Braisete, Iago N.
Resumo do partido:
O encontro comezou cun Redondela moi intenso, xerando perigo con facilidade e amosando unha gran eficacia de cara á portería para colocarse 3-1 no marcador. Os lucenses apostaron polo porteiro-xogador para cambiar o ritmo do partido e comezaron a atoparse máis cómodos, logrando o 3-2, pero un erro nos últimos instantes da primeira metade permitiu aos locais ampliar diferenzas ata o 4-2 ao descanso. Na segunda parte o panorama foi distinto, cos de Christian levando o control do xogo durante boa parte do tempo e conseguindo achegarse co 4-3. O empate estivo preto, incluso cun dobre penalti que non entrou, pero o quinto gol do Redondela acabou por romper o partido. Xa nos últimos segundos, chegou o definitivo 6-3, demasiado castigo para o visto na pista.
Clave do partido: Non aproveitar o mellor momento do equipo tras o 4-3, cando o empate estaba ao alcance da man.
Frase de Christian:
«Cando o partido estaba moi igualado volveu caer cruz pese a ter posibilidades de levarnos algún punto.»
Próximo enfrontamento:
Tras o parón do Nadal, o Lugo Sala volverá competir na casa, recibindo ao San Cristóbal nun duelo importante para retomar a liga con boas sensacións.